A marta (Martes martes) é unha especie de mustélido carnívoro europeo duns 25 centímetros de altura e 50 dende a cabeza ata o arranque da cola, que ten preto de 30 cm.
Un exemplar adulto pesa ao redor dun quilogramo e medio. Posúe unha cabeza pequena, un fociño agudo, un corpo delgado, patas curtas e pelame espeso e suave, máis escuro polo lombo que polo ventre.
Os seus hábitos son nocturnos, adoitan vivir nas árbores e aliméntanse de pequenos mamíferos, pequenas aves, insectos e ras. Tamén comen algúns froitos e ovos de paxaros. Asemade as martas son presas das aguias e dos raposos. Non obstante, o seu maior inimigo é o home, que a aprecia pola súa fina pel. En cativerio viven ata 18 anos, mentres que a súa vida silvestre apenas supera os catro anos. Chegan á súa madurez sexual aos dous anos. As súas crías adoitan nacer en marzo ou abril, logo dun período de xestación de ao redor dun mes. O seu peso ao nacer é de aproximadamente 30 gramos.
A marta (Martes martes) é unha especie de mustélido carnívoro europeo duns 25 centímetros de altura e 50 dende a cabeza ata o arranque da cola, que ten preto de 30 cm.