dcsimg

Morcego rabudo ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O morcego rabudo (Tadarida teniotis) é unha especie de morcego microquiróptero da familia Molossidae.

É un morcego de gran tamaño e ás longas e estreitas, coa cabeza típica do xénero Tadarida, con orellas ríxidas proxectadas cara adiante. A cola sobresae por fóra da membrana caudal e se retrae no uropataxio cando está en voo.

A cor do pelo é moi variable dende o pardo ao gris claro, algúns exemplares presentan áreas canosas. As femias son lixeiramente máis grandes. Miden entre 57 e 64 milímetros e o seu peso atópase entre os 22 a 54 gramos. A súa fórmula dentaria é 1.1.2.3 3.1.2.3 {displaystyle {frac {1.1.2.3}{3.1.2.3}}} {displaystyle {frac {1.1.2.3}{3.1.2.3}}} .

Mostran unha gran variedade de chamadas sociais, tanto dende os refuxios como en voo, con exhibicións sonoras dos machos dominantes e fortes emisións durante as persecucións aéreas. Emite entre 9 e 15 kHZ, sendo audible para o oído humano.

Distribución

 src=
Distribución do morcego rabudo en Galicia

Ocupa unha estreita franxa latitudinal circunmediterránea, que abrangue o sur de Europa e norte de África, Afganistán, China e Corea, chegando até Xapón e a illa de Flores (Indonesia). En Europa distribúese pola rexión Mediterránea, España, sueste de Francia, sur de Suíza, Italia e costas adriáticas até Grecia, incluíndo Madeira, Canarias e as illas mediterráneas.

Hábitat

Os refuxios localízanse en farallóns rochosos, cantís mariños e estruturas artificiais como pontes ou edificios. Aliméntanse por riba de núcleos habitados e espazos abertos nun amplo rango altitudeinal, observóuselles alimentándose a grande altura (de 200 a 300 metros) nas cidades. Atópase dende o nivel do mar até os 2.300 m de altitude.

Ameazas

Como ocorre a boa parte dos quirópteros e segundo os hábitats que ocupan, as molestias causadas aos veciños das construcións que habitan, provocan a expulsión ou fumigación das colonias, así como a reparación destes edificios taponando as fisuras onde aniñan. O descenso nas poboacións de lepidópteros nocturnos, que constitúen o seu alimento máis importante, tamén afecta á especie. O seu voo alto e veloz, con grandes desprazamentos en busca de alimento, fanlle candidato ao choque coas pas dos parques eólicos.

Notas

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Morcego rabudo: Brief Summary ( Galician )