Cistus é o xénero botánico que abrangue as difentes especies de gamallos chamados comunmente carpaza, xara, esteba, estepa ou carrasca (non confundir cos nomes comúns das urces). Forman parte importantísima das matogueiras especialmente mediterráneas e algunhas son especies pioneiras na recuperación de solos degradados, especialmente tras os lumes. De feito o seu espallamento vese favorecido por eles; son especies pirófilas cuxas sementess abren e xermolan antes axudadas polo lume. En Galicia son comúns nas matogueiras das zonas máis secas, compartindo ecosistema con uces ou breixos, toxos e queiroas. Tamén aparecen nas formación de piñeiro bravo.
Son sempre plantas perennifolias, arbustivas, leñosas, que forman parte do sotobosque temperado-mediterráneo, ou o substitúen en etapas de degradación deste; en calquier caso, adoitan formar masas compactas que cobren totalmente o territorio en que habitan, formando un mato mesto, combinado con uces e queiroas. As flores son regulares, hermafroditas e con cinco grandes pétalos a miúdo enrugados que caen facilmente da flor. Os seus numerosos estames producen gran cantidade de pole, que atrae a moitos insectos, como as abellas que producen o coñecido mel de carpaza. Os seus froitos son cápsulas formadas por 5 ou 10 follas carpelares, que se abren á madureza en 5 ou 10 cavidades con numerosas sementes. A madeira da estepa común Cistus ladanifer, por ser durísima úsase na fabricación de pequenas ferramentas ou pezas que poidan sufrir rozamento, e tamén coma excelente leña.