dcsimg

Ganso sangano ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Branta leucopsis

O ganso sangano (Branta leucopsis) é unha das especies de gansos do xénero Branta, diferenciadas dos gansos do xénero Anser pola plumaxe maioritariamente negra.

Descrición

O ganso sangano é un ganso de tamaño medio, de entre 58 e 69 cm de lonxitude e cun peso de entre 1,5 e 2 quilos. Ten a cabeza, o pescozo e a parte superior do peito negros. A cara é branca, o mesmo cá barriga. As alas e o lombo son de cor gris prateada, con barras brancas e negras. Cando voan amosan a parte inferior das alas de cor gris prata e unha mancha branca en forma de V na base da cola. O peteiro é negro.

Distribución

É unha ave da zona paleártica. Diferéncianse tres poboacións segundo as respectivas áreas de cría:

Algunhas aves fuxidas de zoos crían tamén noutros países do norte de Europa, e algúns exemplares aparecen esporadicamente en Norteamérica.

Comportamento

Son aves migratorias que deixan as zonas árticas no inverno para desprazarse cara ó sur. As súas rutas migratorias non están fixadas xeneticamente, senón que se comunican entre os individuos de cada unha das poboacións. Fora da época de cortexo e de cría, viven en grandes bandos. Forman parellas moi estables, aínda que en caso de morte dun dos membros o sobrevivente procura outro. A época reprodutora comeza a finais de maio ou primeiros de xuño. Poñen de 4 a 6 ovos. Os polos rompen a casca despois de 24 ou 25 días de incubación. En xeral, crían en colonias en acantilados que só poden ser alcanzados voando. Isto, que permite a protección perante os depredadores, supón unha dificultade para as crías, que para buscar alimento teñen que deixarse caer da área do niño, o que, malia o seu pouco peso e as súas plumas, provoca unha alta mortalidade.

 src=
Bando durante a migración do outono

A miúdo os seus bandos mestúranse cos doutras especies de gansos. Cando voan emiten unha especie de "gek gek gek". A voz dos grandes bandos recorda de lonxe o ladrar dos cans.

Alimentación

Viven sobre todo de herbas curtas, especialmente as que medran en áreas salobres.

Status

Nos anos 1950 estiveron ameazados, pero dende entón as súas poboacións recuperáronse, e arestora calcúlanse nuns 440.000 individuos. É unha das especies incluída no Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias de África e Eurasia (AEWA).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Black, Jeff, Jouke Prop & Kjell Larsson (2007): Wild Goose dilemma. - Branta press, Groningen.
  • Bergmann, Hans-Heiner, Helmut Kruckenberg & Volkhard Wille (2006): Wilde Gänse - Reisende zwischen Wildnis und Weideland, G. Braun Verlag, Karlsruhe
  • Madsen, J., G. Cracknell & Tony Fox (1999): Goose Populations of the Western Palearctic, Wetlands International, Wageningen.
  • Erich Rutschke: Wildgänse, Lebensweise - Schutz - Nutzung, Berlin: Parey, 1997

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Ganso sangano: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Branta leucopsis

O ganso sangano (Branta leucopsis) é unha das especies de gansos do xénero Branta, diferenciadas dos gansos do xénero Anser pola plumaxe maioritariamente negra.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician