O bico de coral[1] común[2] ou estrilda común (Estrilda astrild) é un pequeno passeriforme pertencente á familia de Estrildidae. É orixinario da África Subsahariana pero foi introducido en moitas outras rexións do mundo como animal de compañía. É fácil de manter en catividade. Os escapes producidos desembocaron en poboacións de aves en zonas onde orixinariamente non estaba presente.
Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi catalogada no catálogo español de especies exóticas invasoras, aprobado por Real Decreto 630/2013 de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.[3]
O bico de coral común ou estrilda común (Estrilda astrild) é un pequeno passeriforme pertencente á familia de Estrildidae. É orixinario da África Subsahariana pero foi introducido en moitas outras rexións do mundo como animal de compañía. É fácil de manter en catividade. Os escapes producidos desembocaron en poboacións de aves en zonas onde orixinariamente non estaba presente.