Quiscalus mexicanus é unha especie de ave paseriforme da familia Icteridae orixinario de América do Norte e do Sur. Está estreitamente relacionado co Quiscalus major e o Quiscalus palustris.[2]
Amosa dimorfismo sexual, xa que os machos miden até 43 cm de lonxitude (cunha cola case tan longa coma o corpo), pesan 230 g, e son negros cun lustre iridiscente. As femias son máis pequenas; miden até 33 cm de lonxitude, pesan 125 g, e son marróns. O seu canto é unha mestura de sons fortes e estridentes. Son moi exitosos e intelixentes, quen de abrir bolsas e caixas de cartón en busca de comida. Adoitan arredar a especies máis pequenas e defenden os seus niños agresivamente emitindo un chasquido de alarma que pon en alerta ós demais.
Quiscalus mexicanus é unha especie de ave paseriforme da familia Icteridae orixinario de América do Norte e do Sur. Está estreitamente relacionado co Quiscalus major e o Quiscalus palustris.