dcsimg

Ibis ermitán ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Geronticus eremita

O Ibis ermitán ou Ibis pelado (Geronticus eremita) é unha ave do xénero Geronticus .

Características

A lonxitude dun exemplar adulto oscila entre os 70 e 80 centímetros, cunha envergadura que vai dos 120 ós 135 centímetros. Cría colonialmente en zonas semidesérticas, no que abunden as zonas rochosas e habitualmente con algún curso de auga. O niño sitúase en ocos ou covas nalgún acantilado ou sistema rochoso de difícil acceso. Alimentase de insectos e pequenos vertebrados.

Distribución

Trátase dunha das aves máis escasas do planeta. Antigamente tratábase dunha ave estendida por todo o mar Mediterráneo. Era moi coñecida no antigo Exipto, onde tiña un importante valor simbólico. E tense atopado restos desta en varios xacementos paleontolóxicos no leste da península ibérica. A súa área de distribución chegou ata os Alpes, de onde desapareceu no século XVIII. Debido a caza e presión humana sobre o seu territorio, a súa poboación foi minguando ata ser engadida na Lista Vermella da UICN coma "en perigo crítico". Actualmente só existen colonias completamente salvaxes desta ave no Marrocos, no Parque Nacional de Souss-Massa e preto da localidade de Tamri. Adicionalmente existen pequenas colonias de animais reintroducidos no sueste de Turquía (os individuos salvaxes déronse por extintos no 1989) e na localidade de Palmira, en Siria[2]. Os exemplares sirios adoitan emigrar e invernar no sur de Arabia e Leste de África. En España, existen uns exemplares en Cádiz, nacidos nun zoo e posteriormente reintroducidos no medio natural, no marco do Proxecto Eremita da Junta de Andalucía. O obxectivo deste proxecto é formar unha colonia viable e estable desta ave.

Notas

  1. BirdLife International (2013). "Geronticus eremita". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
  2. La mejora temporada para el ibis eremita en Marruecos. Jorge Fernández. Revista Quercus. Cuaderno 333, Novembro 2013 (en castelán)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega (en castelán)
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Ibis ermitán: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Geronticus eremita

O Ibis ermitán ou Ibis pelado (Geronticus eremita) é unha ave do xénero Geronticus .

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician