dcsimg

Alfeidos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A dos alfeidos (Alpheidae) é unha familia de crustáceos malacostráceos decápodos carideos da superfamilia dos alfeoideos.

Características

Son pequenos camaróns de 3 a 5 cm de lonxitude que habitan usualmente entre as pedras da costa, en fendas ou buracos, e a súa principal característica e que teñen un dos quelípodos (patas rematadas en pinzas) moi desenvolvido que, cando pecha, produce un son como de estalo e tamém unha onda de choque (sonoluminiscencia)[2] que mata ou atordoa á súa presa,[3] polo que en ingés se coñecen como pistol shrimp (camaróns pistola).

Taxonomía

A familia foi fundada en 1815 por Rafinesque, que a describiu na súa obra Analyse de la Nature ou Tableau de l'univers et des corps organisés, publicada en Palermo.[4]

Xéneros

Na actualidade recoñécense máis de 620 especies na familia dos Alpheidae, distribuídas en 45 xéneros entre os que destacan Alpheus, con 283 species, e Synalpheus, con 146.[5]

Notas

  1. Alpheoidea Rafinesque, 1815no SIIT
  2. Nature "Snapping shrimp make flashing bubbles".
  3. "Shrimp, bubble and pop". BBC News. 21 de setembro de 2000.
  4. Alpheoidea Rafinesque, 1815 no WoRMS.
  5. Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff, Shane T. Ahyong; et al. (2009). "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1–109.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
  • Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary". Ver en liña.
  • Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Alfeidos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A dos alfeidos (Alpheidae) é unha familia de crustáceos malacostráceos decápodos carideos da superfamilia dos alfeoideos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician