Mytilus platensis[1] é unha especie de molusco bivalvo mariño da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos, familia dos mitílidos e subfamilia dos mitilinos, unha das oito integradas no xénero Mytilus.[2]
Na literatura científica tamén se coñece como Mytilus edulis do sur,[3] Mytilus edulis platensis,[4] ou Mytilus chilensis.[5]
É propia das costas de Chile, Arxentina, Uruguai, e das illas Malvinas e Kerguelen.
A especie foi descrita en 1842 polo naturalista e zoólogo francés, especializado en malacoloxía, Alcide d'Orbigny.[1]
Para a do xénero, véxase Mytilus.
O epíteto específico, platensis (en latín científico "do Plata") refírese ao mar del Plata, rexión onde foi encontrada a especie orixinariamente.
Ademais de polo nome actalmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
Como é ben sabido (véxase Mytilus edulis e M. galloprovincialis) durante moitos anos considerouse a especie Mytilus galloprovincialis como conespecífica con Mytilus edulis.[6] Pero eealmente este problema afecta a un grupo de (polo menos) tres taxons de mexillóns estreitamente relacionados, coñecido como "o complexo Mytilus edulis". Colectivamente ocupan ambas as costas do Atlántico Norte (incluído o Mediterráneo) e do Pacífico Norte en auguas desde temperadas a polares,[7] así como costas de naturaleza similar do hemisferio sur. A distribución dos taxons compoñentes foi modificada recentemente como resultado da actividade humana (especies invasoras). Estes taxons poden hibridarse entre sí, se están presentes na mesma localidade.
O complexo constitúeno:
É un mexillón que mide ao redor de 7 cm de longo e 3 cm de largo, e cuxas valvas distínguense por presentaren só estrías concéntricas de crecemento e estaren cubertas por un perióstraco de cor que vai da parda-amourada á violácea. O manto é de cor amarela alaranxada.[Cómpre referencia]
A súa distribución batimétrica vai desde o sector rochoso da zona intermareal até os 10 m de profundidade.[8][9]
Mytilus platensis é obxecto dunha importante industria intensiva de cultivo (mitilicultura) en Chile. Desde 2004 a 2008 a produción comercial anual aumentou desde as 80 000 até as 200 000 toneladas.[10] Tras unha diminución en 2009, a produción volveu a acadar un alto nivel en 2010.[11]
Máis de 45 000 toneladas de mexillóns foron exportados desde Chile en 2008, o 93 % deles conxelados. Ao redor do 74 % das exportacións foron á UE, principalmente a España e Francia, e o 15 % aos Estados Unidos.[10]
Mytilus platensis é unha especie de molusco bivalvo mariño da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos, familia dos mitílidos e subfamilia dos mitilinos, unha das oito integradas no xénero Mytilus.
Na literatura científica tamén se coñece como Mytilus edulis do sur, Mytilus edulis platensis, ou Mytilus chilensis.
É propia das costas de Chile, Arxentina, Uruguai, e das illas Malvinas e Kerguelen.