Os Hemúlidos (Haemulidae) son unha familia de peixes principalmente mariños, incluída na orde dos Perciformes. Algunhas especies entran en estuarios e rara vez viven en auga doce. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
Anteriormente, a familia designábase como Pomadasyidae.
É característica a boca pequena, con labios grosos, con dentes na mandíbula pero, normalmente, non no vómer; con 2-6 poros amplos na barbilla ás veces seguidos dun suco. Algunhas especies poden chegar a alcanzar ata 60 cm de lonxitude.
Teñen unha aleta dorsal continua, con 9 a 14 espiñas e 11 a 26 radios brandos; a anal con 3 espiñas e 6-18 radios brandos.
Comprenden 19 xéneros e alrededor de 150 especies: