dcsimg

Tamargueira ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A tamargueira común, Tamarix gallica, é unha especie vexetal da familia das Tamaricáceas, orixinario do oeste do Mediterráneo.

Descrición

Arbusto ou arboriña caducifolia de 6 a 8 metros de altura, pólas longas e flexíbeis, un chisco pénsiles, que non creban facilmente e coa casca é parda avermellada escura, sendo as pólas máis novas listrosas e lampiñas. As follas son moi miúdas, a xeito de escamas, com forma ovado agudas e com abrazadeiras no baseamento, miden de 1,5 a 4 mm de longo e posúen unha cor verde glauca. As flores son albas ou rosa pálido, agrupadas em espigas grosas e cilíndricas de 3 a 6 cm de longo, que nacen sobre as ramiñas do ano e que aparecen á vez cás follas. Posúen 5 pétalo e 5 estames; brácteas florais triangulares, cápsula ovada. Florece na primavera, entre abril e o verán. O froito é unha cápsula de apertura espontánea com 3 valvas e sementes cun penacho plumaoso.

Hábitat

En solos húmidos e algo salinos, nos areais e lagoas costeiras e nos bosques de ribeira, especialmente cando hai depósitos subsalinos ou margas. Asóciase cos loendros (Nerium oleander) e mais cos salgueiros. Prefire climas secos e calorosos.

Distribución

 src=
Flores da tamargueira común.

Esténdese polo oeste da zona mediterránea, sur de Francia, Península ibérica, acadando polo norte o sur de Inglaterra, e polo sur o deserto do Sáhara. En Galicia é pouco común.

Observacións

A madeira é moi apreciada coma combustíbel. As pólas ao seren flexíbeis serviron para facer maromas para as noras e coma atadeiros. As tamargueiras reprodúcense facilmente de espeques e abacelamentos. Son moi indicados para fixar dunas e as ribeiras dos ríos.

Pola súa resistencia á salinidade emprégase moito en Galicia como árbore ornamental aliñada en ringleiras nos paseos marítimos coma o de Sanxenxo.

Usos medicinais: adstrinxente, antidiarreico, cicatrizante.

Taxonomía

A Tamarix gallica foi descrita por Linneaus e publicada en Species Plantarum 1: 270–271. 1753.[1]

Etimoloxía

O nome galego e portugués tamargueira vén da verba latina tamarix (coincidente co xénero), nome que lle daban os romanos, crese derivado do río Tamaris da provincia hispánica Tarraconense, posibelmente o actual Tambre- en cuxas ribeiras medraban estes gamallos.

O nome específico gallica, alude á Gallia, a Francia dos romanos, lugar onde a planta é igualmente nativa.

Sinonimia

  • Tamariscus gallicus (L.) All.
  • Tamariscus narbonensis Garsault
  • Tamariscus pentander Lam.[2]
var. indica (Willd.) Ehrenb.
  • Tamarix indica Willd.

Referencias

Bibliografía

  1. AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
  2. Anonymous. 1986. List-Based Rec., Soil Conserv. Serv., U.S.D.A. Database of the U.S.D.A., Beltsville.
  3. Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson.
  4. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., New York.
  5. Hickman, J. C. 1993. Jepson Man.: Higher Pl. Calif. i–xvii, 1–1400. University of California Press, Berkeley.
  6. Long, R. W. & O. K. Lakela. 1971. Fl. Trop. Florida i–xvii, 1–962. University of Miami Press, Coral Cables.
  7. Munz, P. A. 1974. Fl. S. Calif. 1–1086. University of California Press, Berkeley.
  8. Munz, P. A. & D. D. Keck. 1959. Cal. Fl. 1–1681. University of California Press, Berkeley.
  9. Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.
  10. Small, J. K. 1933. Man. S.E. Fl. i–xxii, 1–1554. Published by the Author, New York.
  11. Zuloaga, F. O. 1997. Catálogo de las plantas vasculares de la Argentina. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 74(1–2): 1–1331.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Tamargueira: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A tamargueira común, Tamarix gallica, é unha especie vexetal da familia das Tamaricáceas, orixinario do oeste do Mediterráneo.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician