Os Mimivirus son un grupo de virus de gran tamaño que posúen ADN de cadea dupla e cuxas partículas maduras miden 400 nm de diámetro. O seu ADN posúe 800.000 pares de bases e 900 xenes.
O primeiro foi descuberto en 1992 nunha torre de refrixeración industrial en Bradford (Inglaterra) e identificado en 2003 por un grupo de investigadores da Université de le Méditerranée (Universidade do Mediterráneo) en Marsella (Francia). O virus, que foi descuberto mentres se estudaba a lexionelose (enfermiadade causada poa bacteria Legionella), encontrouse dentro da ameba acuática Acanthamoeba polyphaga. Á súa vez, tamén se encontraron anticorpos para este virus en mostras de sangue humano.
Debe o seu nome a que cando foi descuberto se confundiu cunha bacteria debido ao seu gran tamaño, e a que "imitaba" (en inglés mimic) mediante unha tinguidura de Gram a dunha bacteria grampositiva.
O Mimivirus pertence á nova familia de virus Mimiviridae (mimivíridos), á cal tamén pertence o mamavirus, descuberto posteriormente e aínda de maior tamaño. A familia intégrase dentro dun grupo de virus de orixe monofilética, denominado virus de ADN grande nucleocitoplasmáticos (NCLDV, en inglés) e ao que pertencen virus tan relevantes para a saúde humana e animal como o virus da varíola (familia Poxviridae, poxvíridos), o virus do herpes labial (familia Herpesviridae, herpesvíridos) ou o virus da peste porcina africana ou VPPA (famila Asfarviridae, asfarvíridos).
Realizáronse estudos na Université de le Méditerranée, publicados en Nature, nos que se secuenciou o xenoma do organismo. Os resultados obtidos foron: 800 nm de lonxitude, 1 181 404 pares de bases e 1.262 xenes.
Actualmente estase investigando sobre a posibilidade de que a presenza de mimivirus en pacientes con cadros graves de enfermidade pulmonar estea asociada a un prognóstico negativo; porén, publicáronse datos contraditorios en canto a esta cuestión.[1][2][3] En calquera caso tanto pola súa peculiaridade como pola súa asociación a microorganismos causantes de graves pneumonías infecciosas, trátase dunha entidade modelo de grande interese científico.
Varios membros da comunidade científica declararon recentemente que, debido a que a partícula viral é capaz de xerar as súas propias proteínas, é de feito un organismo vivo, unha idea que non fai más que agudizar a confusión existente con respecto á clasificación dos virus. Mimi, cos seus 911 xenes codificantes, codifica 50 proteínas que nunca antes foran vistas nun virus, como o citocromo P450 implicado no metabolismo enerxético. Ademais codifica proteínas que levan mecanismos bioquímicos que si teñen algúns virus, pero a unha complexidade máxima, como son chaperonas que interveñen no correcto pregamento das proteínas e enzimas que poden proporcionar mecanismos para manter a integridade do ADN (rutas bioquímicas de reparación de erros durante a replicación ou de danos físico-químicos). Representa unha nova familia dentro dos grandes virus ADN nucleocitoplasmáticos que apareceron na Terra hai aproximadamente catro mil millóns de años. Ademais, desafía o sistema de clasificación dos organismos dentro de tres dominios distintos (Archaea, Bacteria e Eukarya), xa que parece exixir a creación dun cuarto dominio. A súa liñaxe é moi antiga e podería ter aparecido antes da existencia dos organismos celulares, o cal pode ter consecuencias importantes nas concepcións sobre a orixe da vida.
O xenoma do mimivirus está conformado por unha molécula de ADN de dupla cadea liñal de 1 181 404 de pares de bases. Isto fixo que fose considerado o maior xenoma viral coñecido, superando ao do miovirus Bacillus phage G (máis tarde descubriuse o Pandoravirus, aínda maior). Ademais do gran tamaño do seu xenoma, estímase que o mimivirus posúe 911 xenes que codifican proteínas, superando considerabelmente os 4 xenes codificantes mínimos requiridos para a existencia dos virus (véxase MSD e virus Qβ). A análise do xenoma do mimivirus mostrou a presenza de xenes non encontrados en ningún ouro virus. Un exemplo é o xene que codifica para a ARNt aminoacil transferase, que até entón se cría exclusivo dos organismos celulares. Como outros virus de gran tamaño, o mimivirus contén varios xenes para o metabolismo de azucres, lípidos e aminoácidos, así como outros xenes relacionados co metabolismo e non encontrados en ningún outro virus. Aproximadamente o 90 % do xenoma é codificante, sendo tan só o 10 % restante "ADN lixo".
O mimivirus posúe un gran número de características que o sitúan na fronteira entre o vivo e o non vivo. É tan grande como algunhas especies de bacterias, tales como Rickettsia conorii e Tropheryma whipplei; o tamaño do seu xenoma é comparábel ao de varias bacterias, incluídas as anteriormente nomeadas, e codifica para produtos que se pensaba que non eran codificados por ningún virus. Ademais, o mimivirus posúe xenes que codifican para a síntesis de nucleótidos e aminoácidos, algúnos dos cales están ausentes incluso en pequenos procariotas intracelulares obrigados. Isto significa que, ao contrario que estas bacterias, o mimivirus non depende do xenoma da célula hospedeira para codificar as rotas metabólicas para estes produtos. Porén, o mimivirus carece de xenes para proteínas ribosómicas, polo que depende da célula hospedeira para a tradución proteica e o metabolismo enerxético.
Todos estes factores, en conxunto, causaron un debate científico sobre se o mimivirus podería ser unha forma de vida distinta, comparábel aos dominios Eukarya, Archaea e Bacteria. Porén, o mimivirus non posúe as seguintes características que forman parte dalgúns dos convenios sobre a definición de vida: homeostase, resposta a estímulos, crecemento no sentido normal do termo (en lugar de replicarse a través do autoensamblamento de compoñentes individuais) ou levar a cabo a división celular.
Debido a que se pensa que podería ter existido con anterioridade aos organismos celulares, o mimivirus ten un papel importante no debate sobre as orixes da vida. Algúns xenes exclusivos do mimivirus, incluíndo aqueles que codifican para a súa cápside, conserváronse nunha gran variedade de virus que infectan organismos de todos os dominios (Eukarya, Archaea e Bacteria). Isto fai pensar que o mimivirus está relacionado cun tipo de virus de ADN que existiu antes que os organismos celulares e que xogou un papel esencial no desenvolvemento da vida na Terra.[4] Unha hipótese alternativa afirma que foron tres tipos distintos de virus de ADN os que deron lugar aos tres dominios coñecidos.[5]
Os partidarios de considerar aos Mimivirus como seres vivos clasifícano como se indica na lista que segue, na que se crea un novo dominio da vida. Os que o clasifican utilizando a clasificación común actual dos virus non introducen os novos taxons superiores (reino, dominio, superdominio).
Os Mimivirus son un grupo de virus de gran tamaño que posúen ADN de cadea dupla e cuxas partículas maduras miden 400 nm de diámetro. O seu ADN posúe 800.000 pares de bases e 900 xenes.
O primeiro foi descuberto en 1992 nunha torre de refrixeración industrial en Bradford (Inglaterra) e identificado en 2003 por un grupo de investigadores da Université de le Méditerranée (Universidade do Mediterráneo) en Marsella (Francia). O virus, que foi descuberto mentres se estudaba a lexionelose (enfermiadade causada poa bacteria Legionella), encontrouse dentro da ameba acuática Acanthamoeba polyphaga. Á súa vez, tamén se encontraron anticorpos para este virus en mostras de sangue humano.
Debe o seu nome a que cando foi descuberto se confundiu cunha bacteria debido ao seu gran tamaño, e a que "imitaba" (en inglés mimic) mediante unha tinguidura de Gram a dunha bacteria grampositiva.