dcsimg

Campanuláceas ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A familia Campanulaceae (as campanuláceas), da orde Asterales, contén uns 90 xéneros e 2200 especies. Na súa maioría son sobre todo herbas, arbustos, e algunhas árbores pequenas, que teñen xeralmente un (zume) leitoso tóxico.

Localización

Esta familia é de distribución case cosmopolita mais concentrada no hemisferio norte. Con todo no hemisferio sur, África do Sur é especialmente rica en membros desta familia. Estas especies atópanse ausentes do Sahara, Antártida e o norte de Groenlandia.

A maioría das clasificacións actuais inclúen a familia antes separada Lobeliaceae en Campanulaceae.

Morfoloxía

As follas destas especies son a miúdo alternas, máis raramente opostas. Son tamén simples e sen estípulas.

As flores son bisexuais, campaniformes, consistindo nun estreito tubo como corola con pequenos lóbulos que sobresaen. As flores son a miúdo azuis.

Os froitos xeralmente son bagas, pero tamén poden ser cápsulas.

Ten as seguinte subfamilias: Campanuloideae - Cyphioideae - Lobelioideae

Xéneros de Campanulaceae

Galería de fotos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Campanuláceas: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A familia Campanulaceae (as campanuláceas), da orde Asterales, contén uns 90 xéneros e 2200 especies. Na súa maioría son sobre todo herbas, arbustos, e algunhas árbores pequenas, que teñen xeralmente un (zume) leitoso tóxico.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician