Hippoglossoides platessoides, coñecido en galego como platuxa americana,[2] é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das catro recoñecidas actualmente no xénero Hippoglossoides.[3]
Trátase dun peixe mariño, demersal, oceanódromo, de importancia comercial,[4] que se captura ao longo das costas de ambos os lados do océano Atrlántico norte,[5] desde o sur do Labrador e do gran banco de Terra Nova, ate as do estado de Rhode Island (Estados Unidos), até as de Islandia e as illas Spitzberg e Nova Zembla, polo norte, incluíndo as do norte de Rusia, Finlandia, Noruega, Suecia e Dinamarca, até o canal da Mancha, polo sur, incluído as das illas Británicas, os Países Baixos, Bélxica e o norte de Francia, até a Bretaña, pasando polas de Groenlandia.[6]
Vive en fondos brandos, lamacentos ou areosos, os adultos a profundidades de entre os 90 aos 250 m, en augas frías, a temperaturas de entre os -0,5 e os 2,5 °C, alimentándose de invertebrados e pequenos peixes.[6][7]
A Northwest Atlantic Fisheries Organization dos Estados Unidos considera que esta especie está sometida a unha pesca excesiva, e que a súas poboacións non presentan signos de recuperación. Pola súa parte, o goberno canadense cre que é abundante, sendo a segunda especie de peixe plano capturada polos pesdcadores do país, e representa un 50 % das capturas destes peixes dos seus pescadores. Porén, un estudo de 1997 informa que Hippoglossoides platessoides está en perigo de extinción en Canadá debido á sobrepesca.[8]
A especie foi descrita en 1780 polo naturalista danés Johan Christian Fabricius, baixo o nome de Pleuronectes platessoides.[1]
O nome específico, platessoides, deriva do nome dó xénero Platessa, creado por Cuvier en 1816 e hoxe invalidado, xa que se identifica con Pleuronectes Linnaeus, 1758,[9] ao que se engadiu a desinencia do latín científico -oides, derivado do grego antigo είδοσ eídos, "aspecto", paea indicar a súa semellamza coas especies daquel xénero.
Ao longo do tempo esta especie foi coñecida polos seguintes sinónimos:[1]
Esta especie é un peixe plano cos dous ollos situados no lado dereito do seu corpo, ovalado. A coloración do seu lado superior, pigmentado, é parda avermellada. O lado inferior, ou cego, é de cor abrancazada.
A aleta dorsal orixínase á altura da metade do ollo superior. A aleta caudal presenta un pequeno alargamento na parte central.
O seu corpo é ovalado, esvelto, e pode alcanzar uns 50 cm de lonxitude, pero os espécimes capturados raramente sobrepasan os 40 cm, e un peso de 700 g. A súa boca é grande, e a liña lateral é csse recta. Está cuberto por escamas rugosas. A aleta dorsal orixínase á altura do ollo superior.[6]
A lonxituxe máxima rexistrada foi de 82,6 cm,[10] e o peso máximo, de 6,4 kg.[11]
É un peixe mariño, demersal, oceanódromo,[4] que habita sobre fondos brandos a profundidades de entre os 10 e os 3.000 m,[10] aínda que usualmente entre os 90 e os 250 m,[12] en augas frías de entre -0,5 e 10 °C de temperatura,[6] desde os 77° N e os 41° N, e os 72° W e os 55° E,[7] por ambas as beiras do océano Atlántico, desde Groenlandia oriental e o canal da Mancha á costa de Múrmansk (Rusia), polo leste, e desde o sur da península do Labrador (Canadá) e o oeste de Groenlandia até o estado de Rhode Island (Estados Unidos).[11]
No mar do Norte alcanzan a madureza sexual aos 2 ou 3 anos, cando miden de 15 a 20 cm. No mar de Barents e nas costas de Groenlandia a taxa de crecemento é moito máis baixa. As femias medran máis rápído que os machos. A reprodución ocorre en primavera en case toda a súa área de distribución, e a desova prodúcese a profundidades de entre os 1100 e os 200 m. Cada femia produce entre 50 000 e 300 000 ovos, que son peláxicos e miden de 2 a 3 m m de diámetro. Os ovos eclosionan aproximadamente ás 2 semanas da desova, dando lugar a larvas, igualmente peláxicas, que miden case 5 mm. cando as larvas alcanzan 20 ou 30 mm, fanse bentónicas, migrando cara a fondos de 40 a 100 m.[6]
Aliméntanse de equinodermos (ourizos, ofiúras), vermes, crustáceos e pequenos peixes. Pola súa perte, a especie serve de alimento a bacallaus, halibuts, marucas e raias.[6]
A idade máxima rexistrada para esta especie foi de 30 anos.[12]
Captúrase sobre todo na área de pesca 21 (Atlántico noroeste),[2] como pesca accesoria nos arrastreiros e, aínda que segundo Muus et al, se utilíza case exclusivamente na produción de fariña de peixe, xa que o seu corpo é delgado e a carne a miúdo acuosa.[6] o certo é que esta platuxa se comercializa en fresco e conxelada, e consómese cocida ao vapor, frita, e asada ao forno, e en microondas.[13]
Hippoglossoides platessoides, coñecido en galego como platuxa americana, é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das catro recoñecidas actualmente no xénero Hippoglossoides.