Rafetus swinhoei (en chinés: 斑鱉; pinyin: bānbiē) é unha especie extremadamente rara de tartaruga da familia Trionychidae. A especie é endémica do leste e sur da China e do norte de Vietnam. Só se coñece a existencia de tres exemplares, un na China (en catividade) e dous en Vietnam (en liberdade) (un cuarto exemplar de Vietnam foi declarado morto en xaneiro de 2016), e está clasificado como en perigo crítico pola Lista Vermella da IUCN. É probablemente a meirande especie de tartaruga de auga doce do mundo. A femia da últimas parella reprodutora morreu no zoolóxico de Suzhou, na China, en abril de 2019, o cal fai que a especie estea funcionalmente extinta a non ser que se atope unha femia en liberdade.[3][4][5]
Rafetus swinhoei (en chinés: 斑鱉; pinyin: bānbiē) é unha especie extremadamente rara de tartaruga da familia Trionychidae. A especie é endémica do leste e sur da China e do norte de Vietnam. Só se coñece a existencia de tres exemplares, un na China (en catividade) e dous en Vietnam (en liberdade) (un cuarto exemplar de Vietnam foi declarado morto en xaneiro de 2016), e está clasificado como en perigo crítico pola Lista Vermella da IUCN. É probablemente a meirande especie de tartaruga de auga doce do mundo. A femia da últimas parella reprodutora morreu no zoolóxico de Suzhou, na China, en abril de 2019, o cal fai que a especie estea funcionalmente extinta a non ser que se atope unha femia en liberdade.