O cervo de cola branca (Odocoileus virginianus), tamén chamado cervo de Virxinia, é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos cérvidos que se atopa en diferentes tipos de bosques de América, dende os canadenses, na rexión subártica, pasando polos bosques secos das ladeiras montañosas de México, as selvas húmidas tropicais de América Central e do Sur, até os bosques secos ecuatoriais do norte do Perú e outras áreas boscosas suramericanas.[2]
O 28 de xuño de 1993, o Congreso Nacional da República de Honduras instituíu ó cervo de cola branca como símbolo nacional da fauna do país.[3] Asemade, tamén foi declarado símbolo patrio da República de Costa Rica o 2 de maio de 1995.
O cervo de cola branca (Odocoileus virginianus), tamén chamado cervo de Virxinia, é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos cérvidos que se atopa en diferentes tipos de bosques de América, dende os canadenses, na rexión subártica, pasando polos bosques secos das ladeiras montañosas de México, as selvas húmidas tropicais de América Central e do Sur, até os bosques secos ecuatoriais do norte do Perú e outras áreas boscosas suramericanas.
O 28 de xuño de 1993, o Congreso Nacional da República de Honduras instituíu ó cervo de cola branca como símbolo nacional da fauna do país. Asemade, tamén foi declarado símbolo patrio da República de Costa Rica o 2 de maio de 1995.