Didelphis é un xénero de marsupiais didelfimorfos da familia dos didélfidos.[1] Inclúe seis especies coñecidas vulgarmente como sarigüés ou sarigüeias,[2] ou ás veces como sarigüeias maiores ou sarigüeias comúns, entre as que se encontran dúas das especies de marsupiais americanos máis coñecidas e estendidas polo continente, a sarigüeia común ou suramericana (Didelphis marsupialis), que é a especie tipo,[1] e a sarigüeia de Virxinia ou norteamericana (Didelphis virginiana).
A pesar da súa tremenda capacidade de adaptación a practicamente calquera bioma, estes animais prefiren os ambientes húmidos da selva tropical e o bosque temperado, aínda que son capaces de sobrevivir en numerosos ecosistemas, incluíndo espazos relativamente áridos ou considerabelmente fríos.
Entre as especies deste xénero áchanse os únicos marsupiais que aínda poboan o subcontinente norteamericano. Trátase da sarigüeia de Virxinia (Didelphis virginiana), cuxas poboacións se estenden por numerosos hábitats desde a metade sur dos Estados Unidos até Costa Rica. O resto das especies do xénero distribúense unicamente pola rexión Neotropical.
O nome do xénero, Didelphis, deriva do grego antigo: do elemento δí- dí-, de δύο dýo 'dous' e o termo δελφυς dělphys 'útero', 'matriz'.[3]
Son animais de mediano tamaño con marcado dimorfismo sexual, pudendo os machos alcanzaren o duplo do peso que as femias.
O corpo está cuberto por unha capa de pelos longos ásperos de cor variábel (negro, gris, roxo ou, máis raramente, branco) baixo a cal existe outra de pelo branco máis curto e denso, característica esta común ao xénero e diferenciadora doutros didélfidos nos que esta non existe ou é moi escasa. Como na maior parte dos cuadrúpedes, as rexións ventrais son de tons máis claros, brancos ou cremosos.
A cabeza é relativamente grande, co fociño acuminado provisto de longas vibrisas extremadamente sensíbeis ao tacto. O rostro é pálida (nunca branca) e está sucada por unha liña media moura sobre a fronte. Outras dúas bandas de tonalidade similar cruzan os ollos, negros e redondos, que reflicten tons avermellados cando lles dá a luz directamente. As orellas son estreitas, están espidas e son completamente negras nos adultos.
As extremidades son negras e os dedos de mans e pés presentan as características xerais da familia. A cola, con capacidade prénsil, é longa, de maior lonxitude que o conxunto de cabeza e tronco. A base está cuberta de pelo, aínda que vai espíndose cara ao extremo, á vez que se cobre de escamas. Igualmente vai aclarándose desde negra na base a branca ou case branca no ápice.
Os espécime que habitan as rexións máis frías poden perder as orellas e o extremo distal da cola debido a necrose crioxénica.
As femias presentan un marsupio ben desenvolvido en cuxo interior se dispoñen un número variábel de mamilas (até trece) formando un círculo, ademais doutra mamila no centro do mesmo.
O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na décima edición do seu Systema Naturae.[1]
Porén, ao longo do tempo tamén foi coñecido polos seguintes sinónimos:
No xénero recoñécense na actualidade as seguintes especies e subespecies:[1]
No mapa da dereita, distribución xeográfica das especies do xénero.
Didelphis é un xénero de marsupiais didelfimorfos da familia dos didélfidos. Inclúe seis especies coñecidas vulgarmente como sarigüés ou sarigüeias, ou ás veces como sarigüeias maiores ou sarigüeias comúns, entre as que se encontran dúas das especies de marsupiais americanos máis coñecidas e estendidas polo continente, a sarigüeia común ou suramericana (Didelphis marsupialis), que é a especie tipo, e a sarigüeia de Virxinia ou norteamericana (Didelphis virginiana).
A pesar da súa tremenda capacidade de adaptación a practicamente calquera bioma, estes animais prefiren os ambientes húmidos da selva tropical e o bosque temperado, aínda que son capaces de sobrevivir en numerosos ecosistemas, incluíndo espazos relativamente áridos ou considerabelmente fríos.
Entre as especies deste xénero áchanse os únicos marsupiais que aínda poboan o subcontinente norteamericano. Trátase da sarigüeia de Virxinia (Didelphis virginiana), cuxas poboacións se estenden por numerosos hábitats desde a metade sur dos Estados Unidos até Costa Rica. O resto das especies do xénero distribúense unicamente pola rexión Neotropical.