dcsimg

Corvo pequeno ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O corvo pequeno[1][2] (Corvus corone), corvo común,[3] choia[4] ou cornella[Cómpre referencia] é unha ave da familia dos córvidos. Posúe unha testa ancha e aplanada, un corpo negro brillante e unha plumaxe moi densa.

Aínda que poden hibridar con Corvus cornix producindo descendencia fértil, últimos estudos (de 2003) levaron a consideralas especies diferentes, debido á notable diferenza de cor na plumaxe, así como á escasa viabilidade xenética dos híbridos.

A súa voz é forte, áspera, con fondo metálico.

O seu niño está composto de paus, máis livián có da gralla cereixeira, faino en árbores ou arbustos. Pon de catro a seis ovos nunha niñada, de marzo a xullo.

Aliméntase de invertebrados, ovos e grans do chan; con frecuencia, agrúpase en bandadas en praderías con esterco.

.............
e o agoirador torpe que diz
que máis val o corvo que a perdiz,
nunca o Deus deixe mellor escoller.

Galería de imaxes

Notas

  1. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
  3. Dicionario Digalego corvo Arquivado 11 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Choia.
  5. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do corvo viaraz. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 115. ISBN 84-7154-379-6.

Véxase tamén

Bibliografía

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician