dcsimg

Balaenoptera bonaerensis ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O rorcual austral, Balaenoptera bonaerensis, é un unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos, unha das sete que integran o xénero Balaenoptera.

É un cetáceo de pequeno tamaño estreitamente emparentado coa especie Balaenoptera acutorostrata que habita nas augas do hemisferio austral, de aí o seu nome vulgar.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita por primeira vez en 1867 polo naturalista, paleontólogo e zoólogo alemán, nacionalizado arxentino, Hermann Burmeister, en Actas Soc. Paleo., Buenos Aires: XXIV.[2]

Sinónimos

Ademais de polo nome que lle deu Burmeister, e actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Balaenoptera acutorostrata bonaerensis Deraniyagala, 1960
  • Balaenoptera huttoni Gray, 1874
  • Balaenoptera racovitzai Lahille, 1905
  • Physalus antarcticus Hutton, 1874

Nome vulgar

O nome específico, bonaerensis, significa 'bonaerense', é dicir, 'de Buenos Aires'. Porén, o epíteto vulgar co que se coñece, austral, é debido a que é común velo nos meses de verán en augas da Antártida. Ademais, dise así por oposición ao seu próximo parente (durante moitos anos pensouse que eran conespecíficos), o Balaenoptera acutorostrata, que se distribúe polo hemisferio boreal.

Características

O rorcual austral, xunto co Balaenoptera acutorostrata son sas especies máis pequenas de rorcuais (a balea anana é o cetáceo misticeto máis pequeno que existe).

A súa lonxitud varía de 7,2 a 11 m, e o seu peso oscila entre 5,8 e 9,1 t. En promedio, as femias son aproximadamente 1 m máis longas que os machos.

A coloración do seu dorso é gris escura, e o ventre, branco.

Poboación e distribución

O rorcual austral habita en todos os océanos do hemisferio sur. Durante o verán se encontra cerca da Antártida, pero se move máis cata ao norte en inverno, superponendo parcialmente así a súa área de distribución coa do Balaenoptera acutorostrata.

Caza e conservación

É unha especie que foi cazada extensivamente pola frota baleeira xaponesa, que tiña, a cambio da derrogación da moratoria sobre a caza de baleas (un "permiso especial") a cambio de ofrecer métodos más 'humanos' para a morte deste animal, e de subministrar información científica sobre a especie, especialmente sonre a súa saúde e o contido na súa carne e en certos órganos de metais pesados e compostos organoclorados.[4][5][6][7]

Os datos sobre o estado de conservación do rorcual antártico considéranse insuficientes na lista vermella da UICN, por seren «incapaces de proporcionar estimacións confiábeis e actualizada».[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 Reilly, S. B.; Bannister, J. L.; Best, P. B.; Brown, M.; Brownell Jr., R. L.; Butterworth, D. S.; Clapham, P. J.; Cooke, J.; Donovan, G. P.; Urbán, J. & Zerbini, A. N. (2008): Balaenoptera bonaerensis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
  2. Balaenoptera bonaerensis en MSW.
  3. Balaenoptera bonaerensis no WoRMS.
  4. Shikawa, H. & Shigemune, H. (2005): "Improvements in more humane killing methods of Antarctic minke whales, Balaenoptera bonaerensis, in the Japanese Whale Research Program under Special Permit in the Antarctic Sea (JARPA)". Japanese Journal of Zoo and Wildlife Medicine 10 (1): 27-34.
  5. Ohishi, K. el al. (2003): "Pathological and serological evidence of Brucella infection in baleen whales (Mysticeti) in the western North Pacific. Comparative immunology, microbiology and infectious diseases 26 (2): 125-136.
  6. Yasunaga, G.; Fujise, Y.; Zenitani, R.; Honda, K. & Kato, H. (2005): "Yearly trend of trace element accumulation in liver of Antarctic minke whales, Balaenoptera bonaerensis" (Vol. 5). Paper JA.
  7. Yasunaga, G.; Fujise, Y.; Zenitani, R.; Tanabe, S. & Kato, H. (2006): "Spatial and temporal variations in organochlorine contaminants in the Antarctic minke whale, Balaenoptera bonaerensis (Vol. 6). Paper SC.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Balaenoptera bonaerensis: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O rorcual austral, Balaenoptera bonaerensis, é un unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos, unha das sete que integran o xénero Balaenoptera.

É un cetáceo de pequeno tamaño estreitamente emparentado coa especie Balaenoptera acutorostrata que habita nas augas do hemisferio austral, de aí o seu nome vulgar.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician