dcsimg
Image of field eryngo
Creatures » » Plants » » Dicotyledons » » Umbellifers »

Field Eryngo

Eryngium campestre L.

Cardo corredor ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O cardo corredor[1] Eryngium campestre, é unha planta herbácea perenne da familia Apiaceae (Umbelliferae).

Descrición

É unha planta espiñenta de talo erecto e moi ramificado que pode medrar até uno 70 cm de altura, porén, as súas raíces son moi longas e poden chegar a medir uns 5 m. As súas follas están cubertas de espiños e divididas en lobos. As súas flores, de cor azulada, reúnense en capítulos arrodeadas por un invólucro composto de 5 ou 6 brácteas. O seu froito é un aquenio de 2 mericarpios uniloculares.

 src=
Ilustración.
 src=
Froitos (aquenios duplos uniloculares escamosos)
 src=
Eryngium campestre

Hábitat

É unha especie común en Europa central e occidental, o norte de África, Medio Oriente e o Cáucaso. Dáse principalmente en terreos secos e planos, especialmente nas beirados dos camiños e en leiras de cultivo desleixadas. A este cardo está asociada, mediante micorrizas, o cogomelo de cardo (Pleurotus eryngii), de gran valor culinario. Moi a miúdo, é obxecto de parasitismo por varias especies de Orobanche, en particular Orobanche amethystea (que, por isto mesmo, ten como sinonimia - entre outras - Orobanche eryngii).

Ciclo de vida

É unha planta perenne do tipo vivaz, é dicir, a parte aérea morre despois de se reproducir e só persiste a raíz tuberosa até a primavera seguinte, en que regroman o talo e as follas. É unha planta estepicursora, pois as inflorescencias despréndense ao morrer os talos e de alí orixinouse o nome de "cardo corredor", pois pola acción do vento arrastran tanto os talos mortos como os capítulos secos. Deste xeito, facilítase a dispersión das sementes e incluso a colonización de novos ambientes. Florea desde fins da primavera (maio no Hemisferio Norte) até inicios do outono (setembro), dependendo do inicio e da lonxitude desta etapa do clima e a latitude.

Usos

Non se cultiva, pola contra, combáteselle cando invade terreos destinados ao pastoreo ou a produción de forraxe. A pesar disto, é bastante apreciado porque as súas raíces son o hábitat do fungo Pleurotus eryngii, chamado cogomelo de cardo, que nos países mediterráneos se recolecta para o consumo humano; por iso a planta recibe o nome de "cardo cogomeleiro". Ademais, na herbolaria tradicional atribúenselle propiedades diuréticas r cicatrizantes, as súas follas tenras e a súa raíz poden consumirse en ensaladas e cando se seca pode usarse como enfeite.

Taxonomía

Eryngium campestre foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 1, p. 233, 1753.[2]

Citoloxía

Número de cromosomas de Eryngium campestre (Fam. Umbelliferae) e táxones infraespecíficos: 2n=28[3]

Etimoloxía

Eryngium: nome xenérico que probabelmente fai referencia á palabra que lembra o ourizo: "Erinaceus" (especialmente desde o grego "erungion" = "ción"), senón que tamén podería derivar de "eruma" (= protección), en referencia ás espiñentas follas das plantas deste tipo.

campestre: epíteto que significa "dos campos".

Sinonimia
var. virens (Link) Weins

Notas

  1. Denominación en galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  2. "Cardo corredor". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 30 de setembro de 2012.
  3. Números cromosomáticos de plantas occidentales, 322-328. Perdigó Arisó, M. T. & M. Llauradó Miravall (1985) Anales Jard. Bot. Madrid 42(1): 227-230
  4. Cardo corredor en PlantList

Véxase tamén

Bibliografía

  1. Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, New York.
  2. Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  3. Mathias, M. E. & L. Constance. 1941. A synopsis of the North American species of Eryngium. Amer. Midl. Naturalist 25(2): 361–387.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Cardo corredor: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O cardo corredor Eryngium campestre, é unha planta herbácea perenne da familia Apiaceae (Umbelliferae).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician