dcsimg

Vespertilionidae ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os vespertiliónidos (Vespertilionidae) son unha familia de morcegos, habitantes principalmente das zonas temperadas do planeta.

É a familia máis diversificada de morcegos, distribúense por toda clase de hábitats, desde tropicais até desérticos. O seu tamaño varía entre os 3 e 10 cm e de 4 a 50 g de peso, ollos pequenos e folla nasal ausente; orellas moi longas nalgúns xéneros, como Plecotus e Histiotus; trago usualmente presente.[1]

De 28 a 38 dentes e coa fórmula dentaria 1 − 2.1.1 − 3.3 2 − 3.1.2 − 3.3 {displaystyle {frac {1-2.1.1-3.3}{2-3.1.2-3.3}}} {displaystyle {frac {1-2.1.1-3.3}{2-3.1.2-3.3}}}, en especies con poucos dentes faltan os premolares, maioritariamente insectívoros, a excepción de Myotis vivesi e Antrozous pallidus, que consomen peixes e escorpións respectivamente.

Os vespertiliónidos aniñan en covas e outros refuxios. Segundo a especie, poden ser solitarios ou gregarios; as especies de zonas temperadas poden emigrar ou hibernar.

Clasificación

Están recoñecidas cinco subfamilias:

  • XÉNERO - Cistugo, Thomas, (1912).
  • Subfamilia †Incertae sedis
  • - †Karstala
  • - †Plionycteris
  • - †Potamonycteris
  • - †Shanwangia

Notas

  1. Pequena excrecencia cutánea a modo de pantalla, situada fronte ao conduto auditivo, para dirixir os sons reflectiddos no pavillón auditivo.
  2. Rosina, Valentina V.; Semenov, Yuriy A. (2012). "New taxa of vespertilionid bats (Chiroptera, Mammalia) from the Late Miocene of Ukraine". Neues Jahrbuch für Geologie und Paläontologie 264 (3): 191–203. doi:10.1127/0077-7749/2012/0236.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Vespertilionidae: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os vespertiliónidos (Vespertilionidae) son unha familia de morcegos, habitantes principalmente das zonas temperadas do planeta.

É a familia máis diversificada de morcegos, distribúense por toda clase de hábitats, desde tropicais até desérticos. O seu tamaño varía entre os 3 e 10 cm e de 4 a 50 g de peso, ollos pequenos e folla nasal ausente; orellas moi longas nalgúns xéneros, como Plecotus e Histiotus; trago usualmente presente.