As palmeiras ou palmas son árbores da familia Arecaceae, anteriormente coñecida como Palmae ou Palmaceae, a única familia botánica da orde Arecales. Pertencen a esta familia plantas moi coñecidas, como o coco, e contén cerca de 205 xéneros e 2.500 especies. Distribúense por todo o mundo, mais están centralizadas nas rexións tropicais e subtropicais.
O xénero máis común da familia é Areca, cuxa especie máis coñecida é a Areca catechu, unha palmeira da Malasia.
As palmeiras son plantas perennes, arborescentes, iípicamente cun talo cilíndrico non ramificado chamado estípite, chegando a acadar grandes alturas.
Non son consideradas árbores porque todas as árbores posúen o crecemento do diámetro do seu talo para a formación do toro, que produce a madeira, e isto non acontece coas palmeiras.
O zume dalgunhas especies de arecáceas é tradicionalmente fermentada para producir o viño de palma ou viño de palmeira, moi apreciado e coñecido en Mozambique co nome de sura (onde, ademais de ser bebido, é tamén empregado como fermento na fabricación de pans e bolos). O buriti (Mauritia flexuosa) tamén é fermentado (entre outras formas de consumo), dando orixe ao viño de buriti. No Brasil a Palmeira imperial (Roystonea oleracea (Palmae)), plantada en 1809 por D. João VI, tornouse o "símbolo do Imperio", a mediados do século XIX. En Angola o viño de palmeira é coñecido como "marufo".
As follas son pinnuladas ou palmadas, con pecíolos longos, ás veces con espiñas.
Inflorescencias, xeralmente axilares, grandes, paniculadas e envoltas por bráctea desenvolvida na forma de quilla que moitas veces son leñosas. As flores son numerosas, pequenas, unisexuais. Androceo con 6 estames dispostos en 2 series de 3. Estaminodios frecuentemente presentes. Xineceo de ovario súpero, tricarpelar.
A familia foi recoñecida pola APG III (2009), o Linear APG III (2009) asignoulle o número de familia 76. A familia xa fora recoñecida pola APG II (2003).
No sistema APG III atópase na orde monotípica Arecales, subclase Commelinidae, clase Monocotyledoneae. O sistema de clasificación APG II, que non emprega nomes formais por riba do nivel de orde, colocábaa dentro do clado das comelínidas, que se mantiña dende a publicación do sistema APG de 1998 até a actualidade.
Sistemas anteriores colocaban o grupo na subclase Arecidae (Cronquist, 1981) ou na superorde Arecanae (Dahlgreen, Thorne).
O nome Arecales, formado de acordo coas normas do Código Internacional de Nomenclatura Botánica a partir do xénero tipo Areca (que inclúe a palma de betel, Areca catechu) é de uso relativamente recente. As nomenclaturas tradicionais usaban o nome descritivo Principales, do latín as primeiras.
Como excepción á regra de prioridade, para esta familia pódense aínda utilizar os antigos nomes usados por Linneaus: Palmae para a familia e Principales para a orde. Os nomes Palmáceas ou Palmaceae son rexeitados polo Código Internacional de Nomenclatura Botánica. Son chamadas palmeiras, ás veces palmas, en Galicia.
A extensa familia posúe 200 xéneros, 2780 especies. Os xéneros máis representados son Calamus (370 especies), Bactris (200 especies), Daemonorops (115 especies), Licuala (100 especies), e Chamaedorea (100 especies).
A seguir, algúns xéneros da familia, con algunhas das súas especies, a súa autoría botánica e os nomes comúns, principalmente segundo se utilizan nos distintos países de fala hispana e lusa (principalmente as designacións nas linguas propias do Brasil, de onde son oriundas).
A clasificación a seguir foi proposta por N.W.Uhl e J.Dransfield en 1987 en Genera palmarum: unha clasificación baseada no traballo de Harold E. Moore, Jr. (pero ver novas clasificacións como a de Asmussen et al. 2006):
A lista de todos os xéneros da familia botánica Arecaceae en Xéneros e tribos de Arecaceae.
Sinonimia, segundo o APWeb (visitado en xaneiro de 2009):
As palmeiras ou palmas son árbores da familia Arecaceae, anteriormente coñecida como Palmae ou Palmaceae, a única familia botánica da orde Arecales. Pertencen a esta familia plantas moi coñecidas, como o coco, e contén cerca de 205 xéneros e 2.500 especies. Distribúense por todo o mundo, mais están centralizadas nas rexións tropicais e subtropicais.
O xénero máis común da familia é Areca, cuxa especie máis coñecida é a Areca catechu, unha palmeira da Malasia.