O carallán (Phallus impudicus) [2] é un fungo moi común en Europa e América do Norte, recoñecible de forma doada cando está maduro polo seu mal cheiro e a súa forma fálica. Adoita habitar en chans ricos en restos vexetais, como bosques e xardíns con abundante vexetación. Aparece desde o verán até o final do outono. O corpo frutífero é longo e branco, cunha cabeza cónica, de tacto viscoso de cor verde escuro.[3] Malia o seu mal cheiro, este fungo non é velenoso e na súa etapa xuvenil é consumido nalgúns lugares de Francia e Alemaña.
En 1597, o botánico John Gerard, na súa Historia Xeral das Plantas[4] chamouno pricke mushroom ou fungus virilis penis effigie, e John Parkinson mostrábaa baixo o nome de ferramenta dos holandeses ou phallus hollandicus no seu Teatrum botanicum de 1640. Linneo foi o responsable do nome que actualmente se lle dá a esta especie. O seu epíteto específico, o termo en latín impudicus, significa "impúdico", "falto de vergoña".
O carallán (Phallus impudicus) é un fungo moi común en Europa e América do Norte, recoñecible de forma doada cando está maduro polo seu mal cheiro e a súa forma fálica. Adoita habitar en chans ricos en restos vexetais, como bosques e xardíns con abundante vexetación. Aparece desde o verán até o final do outono. O corpo frutífero é longo e branco, cunha cabeza cónica, de tacto viscoso de cor verde escuro. Malia o seu mal cheiro, este fungo non é velenoso e na súa etapa xuvenil é consumido nalgúns lugares de Francia e Alemaña.