dcsimg
Image of Trichoplax adhaerens Schulze 1883
Creatures » » Animal » Placozoans » Trichoplacidae »

Trichoplax adhaerens Schulze 1883

Trichoplax adhaerens ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

 src=
Trichoplax adhaerens.

O Trichoplax adhaerens Schultze é unha especie animal que pertence ao filo dos placozoos, que ten forma de globo, cunha cavidade corporal enchida de fluído a presión.

Estrutura

É un animal mariño diminuto, que repta sobre o substrato cos seus cilios, e está composto de capas epiteliais ventrais e dorsais, contendo células mesenquimáticas frouxas. A reprodución é sexual, pero pode ser tamén asexual, por fisión e por xemación.

É o único representante do filo dos placozoos, xa que outra especie (Treptoplax reptans) foi descrita en 1896 e dende entón xamais foi rexistada, levantando dúbidas sobre a súa real existencia.

A súas relacións evolutivas están sendo investigadas, pero podería estar próximas aos cnidarios e aos ctenóforos. Dellaporta et al. investigaron a secuencia mitocondrial completa do Trichoplax adhaerens e amosaron que os placozoos son a rama que xurdiu antes dentro dos metazoos.[1]

Artigo principal: Placozoos.

Notas

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Trichoplax adhaerens: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Trichoplax adhaerens.

O Trichoplax adhaerens Schultze é unha especie animal que pertence ao filo dos placozoos, que ten forma de globo, cunha cavidade corporal enchida de fluído a presión.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician