A dos carideos (Caridea) é unha infraorde de crustáceos decápodos que son coñecidos popularmente como camaróns, e tamén como esquías, esquilas ou quisquillas.
Máis pequenos que as gambas e os lagostinos, o seu tamaño alcanza como máximo, segundo as especies, os 10 ou 15 cm de lonxitude.
O seu corpo é comprimido, coa cola (abdome) moi prolongada con respecto ao cefalotórax e a casca pouco consistente.
A prolongación anterior do cefalotórax, ou rostro, é longo e dentado.
Teñen as patas pequenas, e os bordos das mandíbulas fibrosos.
A súa coloración é basicamente agrisada.
Son relativamente abundantes en todo o mundo, tanto nas augas mariñas como nas doces.
A infraorde dos carideos comprende as superfamilias seguintes:[2][3]
Os camaróns nas súas diferentes especies son criaturas relativamente abundantes nas augas salgadas e doces de todo o mundo, o cal os converte nun importante recurso pesqueiro e alimenticio.
Practicamente cada país ten receitas e formas particulares para preparar e consumir estes crustáceos.
De existir algún punto en común, é o de que, para consumilos, se procede á súa cocción, e que é común que se elimine o cefelotórax, a coiraza do abdome e as patas, partes todas elas ricas en quitina e, por iso, indixestas.
Tamén é común que se destripe antes de consumilo, pois neste grupo de especies os intestinos son facilmente recoñecíbeis, aínda antes da cocción, como unha liña escura que percorre lonxitudinalmente a parte alta do corpo.
En Galicia temos catro especies de camaróns relativamente frecuentes,[4] moi apreciadas gastronomicamente e que alcanzan elevado prezo nos mercados:
A máis importante especie comercial de camarón é Pandalus borealis,[6] seguida de Crangon crangon.[7]
As capturas de P. borealis salvaxe son na actualidade unhas dez veces maiores que as de C. crangon. En 1950 a posición era ao revés, xa que as capturas de C. crangon foron unhas dez veces superiores ás de P. borealis.[5]
En 2010 a produción global en acuicultura de todas as especies de camaróns e lagostiños (3,5 millóns de toneladas) superou lixeramente ás capturas mundiais de especies salvaxes (3,2 millóns de toneladas).[5]
As especies non carideanas participaron moi significativamente na acuicultura, pero foron capturadas unhas 430.000 toneladas na natureza. É dicir, aproximadamente o 13 % das capturas mundiais de especies salvaxes, ou aproximadamente o 6 % da produción total de todos os camaróns e lagostiños, foron carideos.[5]
Os camaróns da infraorde dos carideos están estreitamente relacionados coas lagostas e os cangrexos, que son membros da suborde dos dendrobranquiados.[8]
Os biólogos distinguen estes dous grupos en base a diferenzas nas estruturas das súas branquias. A estrutura das branquias nos carideos é lamelar, e ramificada nos dendrobranquiados. Pero a forma práctica máis fácil de distinguir un verdadeiro camarón dun dendrobranquiado é examinar o segundo segmento abdominal. Nos carideos este segmento superponse aos segmentos primeiro e terceiro, mentres que o segundo segmento dun dendrobranquiado só se superpón ao terceiro.[9]
Tamén se diferencian en que os carideos normalmente teñen dous pares de quelas (pinzas), mentres que os dendrobranquiados teñen tres.[10]
Un terceiro grupo, o dos Stenopodidea, que comprende ao redor de 70 especies, difire dos outros grupos en que o terceiro par de patas está moito máis desenvolvido.[10]
O dos Procarididea é un grupo irmán dos Caridea, e conta só con once especies.[11][12]
Os carideos, como Pandalus borealis (ver foto máis arriba), teñen dous pares de pinzas, e o segundo segmento do abdome superponse aos segmentos 1º e 3º. O abdome mostra unha pronunciada curvatura.
Os dendrobranquiados, como Penaeus monodon, tipicamente teñen tres pares de pinzas, e sete segmentos de tamaño similar no abdome. Non presentan abombamento pronunciado no abdome.
A dos carideos (Caridea) é unha infraorde de crustáceos decápodos que son coñecidos popularmente como camaróns, e tamén como esquías, esquilas ou quisquillas.