dcsimg

Miobatráquidos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os miobatráquidos (Myobatrachidae) son unha familia de ras que viven en Australia e Nova Guinea. Os membros desta familia varían moito en tamaño desde especies menores de 1,5 cm de lonxitude, á segunda ra máis grande de Australia, Mixophyes iteratus, de 12 cm. Toda a familia comprende especies que ou son terrestres ou acuáticas, pero ningunha arbórea.

Características

Na familia Myobatrachidae encóntranse formas de coidado parental únicas o reino animal. Nas dúas especies do xénero Rheobatrachus, pertencentes a esta familia, a femia traga as súas crías, e estas desenvolven a súa metamorfose no estómago materno. A ra Assa darlingtoni ten unhas bolsas a cada lado do seu corpo, e o macho vixía os ovos ata que eclosionan e despois axuda os cágados a pasar ás bolsas, onde completan a metamorfose.[1] Outra forma peculiar de coidado parental, aínda que non único, encóntrase nas especies do xénero Limnodynastes, nas que os machos se enterran preto dunha masa de ovos para protexelos.

Aínda que moitas especies están adaptadas a escavar, o que serve de axuda para sobrevivir en ambientes semiáridos ou estacionalmente áridos, a Myobatrachus gouldii e a Arenophryne rotunda chegan a poñer os seus ovos directamente en area húmida a decenas de centímetros por debaixo da superficie, en vez de facelo na auga. Estas especies carecen de cágados, xa que os seus ovos eclosionan directamente como pequenas ras.[1]

As ras desta familia carecen de discos adhesivos nas dedas como as que teñen as ras arborícolas. A familia subdivídese en subfamilias baseándose principalmente nos seus hábitos na posta de ovos. Os da subfamilia Limnodynastinae forman niños de escuma. A femia crea a escuma axitando un composto químico da súa pel coas mans. A escuma pode flotar ata a superficie da auga ou estar en terra. A subfamilia Rheobatrachinae contén as dúas especies de ras que fan a crianza no estómago, e o resto están na subfamilia Myobatrachinae.

Taxonomía

Os miobatráquidos divídense en tres subfamilias: Myobatrachinae, Limnodynastinae e Rheobatrachinae. Aínda que a maioría das fontes clasifican estes tres grupos como subfamilias, algúns taxónomos recoñécenos como familias.

Subfamilia Especies Xénero Limnodynastinae[2] 1 Adelotus Ogilby, 1907 6 Heleioporus Gray, 1841 4 Lechriodus Boulenger, 1882 11 Limnodynastes Fitzinger, 1843 10 Neobatrachus Peters, 1863 4 Notaden Günther, 1873 2 Opisthodon Steindachner, 1867 6 Philoria Spencer, 1901 Myobatrachinae[3] 1 Arenophryne Tyler, 1976 1 Assa Tyler, 1972 15 Crinia Tschudi, 1838 7 Geocrinia Blake, 1973 1 Metacrinia Parker, 1940 8 Mixophyes Günther, 1864 1 Myobatrachus Schlegel In Gray, 1850 1 Paracrinia Heyer & Liem, 1976 13 Pseudophryne Fitzinger, 1843 1 Spicospina Roberts et al., 1997 6 Taudactylus Straughan & Lee, 1966 25 Uperoleia Gray, 1841 Rheobatrachinae[4] 2 Rheobatrachus Liem, 1973

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Zweifel, Richard G. (1998). Cogger, H.G.; Zweifel, R.G., eds. Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. pp. 90–91. ISBN 0-12-178560-2.
  2. Considerada unha familia - Limnodynastidae para algúns autores.
  3. Considerada unha familia - Myobatrachidae para algúns autores.
  4. Combinada con Myobatrachidae por algúns autores.

Véxase tamén

Bibliografia

  • Cogger, H.G.; R.G. Zweifel; D. Kirschner (2004). Encyclopedia of Reptiles & Amphibians Second Edition. Fog City Press. ISBN 1-877019-69-0.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Miobatráquidos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os miobatráquidos (Myobatrachidae) son unha familia de ras que viven en Australia e Nova Guinea. Os membros desta familia varían moito en tamaño desde especies menores de 1,5 cm de lonxitude, á segunda ra máis grande de Australia, Mixophyes iteratus, de 12 cm. Toda a familia comprende especies que ou son terrestres ou acuáticas, pero ningunha arbórea.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician