A apolo (Parnassius apollo) é un lepidóptero da familia Papilionidae. Trátase dunha especie tradicionalmente asociada con hábitats de montaña. As súas poboacións esténdense por gran parte de Europa e Asia, e distribúense pola gran maioría das grandes rexións montañosas de Europa até o Tian Shan (China) e oeste de Siberia. Malia a súa ampla distribución, rara vez é común.
A súa vistosidade e maxestosidade durante o voo valeulle que sexa moi aprezada por algunhas comunidades: pola banda positiva é protagonista de numerosos selos, mentres que pola negativa é obxectivo principal polos coleccionistas, feito que xunto coa destrución do seu hábitat (incluíndo o cambio climático), conduciu á especie ó status de ameazada.