dcsimg

Caenolestes fuliginosus ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Caenolestes fuligionosus é unha especie de mamífero marsupial da orde dos paucituberculados, familia dos cenoléstidos e xénero Caenolestes,[1]

É a máis coñecida das seis especies sobreviventes da orde dos paucituberculados (sarigüeias rato).

Hábitat e distribución

 src=
Distribución de Caenolestes fuligoinosus.

A especie habita nos bosques alpinos e en praderías dos Andes, no norte o e o oeste do Ecuador e de Colombia, e o noroeste de Venezuela.

En Colombia encóntrase desde os 2.000 até os 3.800 m de altitude, e no Ecuador desde os 1.600 aos 4.000 m.[2]

É un animal terrícola, aínda que pode agatuñar os troncos das árbores.

Ameazas

Caenolestes fuligionosus non sofre ameazas importantes. Porén, nalgunhas localidades, nas praderías do seu hábitat, ten que competir co pastoreo do gando.[2]

Subespecies

A especie Caenolestes fuligionosus foi descrita por primeira vez en 1863 polo zoólogo inglés Robert Fisher Tomes, no seu traballo "Notice of a new American form of marsupial", publicado nas páxinas 50–51 da revista Proc. Zool. Soc. Lond.

Recoñécense na actualidade a tres subespecies seguintes:[1]

  • Caenolestes fuliginosus centralis Bublitz, 1987.
  • Caenolestes fuliginosus fuliginosus Tomes, 1863.[3]
  • Caenolestes fuliginosus obscurus Thomas, 1895.

Notas

  1. 1,0 1,1 Gardner, A. L.(2005): Order Paucituberculata. En: Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. Mammal Species of the World. 3 ed. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, pp. 19–20.
  2. 2,0 2,1 Patterson, B.; Gomez-Laverde, M. & Delgado, C., asesores (2008): Caenolestes fuligionosus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
  3. En: Proc. Zool. Soc. Lond., 1863, 51: pp. 50–51.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Caenolestes fuliginosus: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Caenolestes fuligionosus é unha especie de mamífero marsupial da orde dos paucituberculados, familia dos cenoléstidos e xénero Caenolestes,

É a máis coñecida das seis especies sobreviventes da orde dos paucituberculados (sarigüeias rato).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician