A dos agámidos (Agamidae) é unhna de familia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, que comprende máis de 400 especies en África, Asia, Oceanía e algunhas no sur de Europa.
Filoxeneticamente están relacionadas cos iguánidos, caracterizadas pola dentición predominantemente acrodonte.
Os agámidos teñen usualmente fortes patas. As súas colas non poden rexenerarse como as dos xecos. Moitas especies son capaces de limitados cambios de coloración. Ecoloxicamente viven desde cálidos desertos a selvas tropicais.
A familia foi descrita en 1825 polo naturalista, médico, zoólogo e explorador alemán Johann Baptist von Spix, nas páxinas 1-26 da súa obra Animalia nova sive species nova lacertarum quas in itinere per Brasiliam annis MDCCCXVII-MDCCCXX jussu et auspicius Maximiliani Josephi I Bavariae Regis suscepto collegit et descripsit Dr. J. B. de Spix. (Texto completo).
O nome da familia está formado, como é norma, sobre a raíz do seu xénero tipo, Agamus, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio das familias de animais.
Na actualidade recoñécense dentro da familia as subfamilias seguintes:[1]