As Ericales son unha orde de plantas leñosas que medran en solos pobres ou acedos. Acostuman formar micorrizas, ás veces perden a clorofila (monotropa). Flores hermafroditas, xeralmente cigomorfas; corolas simpétalas (agás Clethraceae, con catro pétalos ceibos, forma unha ponte con Theales); androceo con dous verticilos ceibos da corola, soldados a un disco do receptáculo; anteras poricidas, con tendencia á formación de cornos na parte basal; liberación do pole en tétrades (agás Clethraceae); principalmente entomófilas (ás veces anemófilas). Xineceo súpero, con carpelos parcialmente fechados, placentación central parietal.
Pertencen ao clado Eudicotyledoneae do sistema APG III. As familias a seguir son típicas de clasificacións recentes.
Estas compoñen o grupo basal de asteridas. No sistema de Cronquist, as Ericales inclúen un grupo menor de plantas, postas entre as Dilleniidae:
As Ericales son unha orde de plantas leñosas que medran en solos pobres ou acedos. Acostuman formar micorrizas, ás veces perden a clorofila (monotropa). Flores hermafroditas, xeralmente cigomorfas; corolas simpétalas (agás Clethraceae, con catro pétalos ceibos, forma unha ponte con Theales); androceo con dous verticilos ceibos da corola, soldados a un disco do receptáculo; anteras poricidas, con tendencia á formación de cornos na parte basal; liberación do pole en tétrades (agás Clethraceae); principalmente entomófilas (ás veces anemófilas). Xineceo súpero, con carpelos parcialmente fechados, placentación central parietal.
Pertencen ao clado Eudicotyledoneae do sistema APG III. As familias a seguir son típicas de clasificacións recentes.
Actinidiaceae (familia do kiwi) Balsaminaceae Clethraceae Cyrillaceae Diapensiaceae Ebenaceae (familia do ébano) Ericaceae (familia das uces ou carrouchas, as queiroas, os rododendros, as azaleas, as arandeiras e os érbedos. Importante na vexetación galega). Fouquieriaceae Lecythidaceae Maesaceae Marcgraviaceae Mitrastemonaceae Myrsinaceae Pellicieraceae Pentaphylacaceae Polemoniaceae Primulaceae Roridulaceae Sapotaceae (familia do zapoticeiro) Sarraceniaceae Sladeniaceae Styracaceae Symplocaceae Ternstroemiaceae Tetrameristaceae Theaceae (familia do té e das camelias) TheophrastaceaeEstas compoñen o grupo basal de asteridas. No sistema de Cronquist, as Ericales inclúen un grupo menor de plantas, postas entre as Dilleniidae:
Ericaceae Cyrillaceae Clethraceae Grubbiaceae Empetraceae Epacridaceae Pyrolaceae Monotropaceae