A galiñola negra, tamén chamada galiñola negra común[3] ou galiñola de auga[4] (Fulica atra), é unha ave de costumes acuáticos.
Case do tamaño dun parrulo, a galiñola negra é completamente negra e ten un pico branco caracterizado cun escudete. É unha palmípede dunha lonxitude de 38 cm, envergadura de 70–80 cm e un peso aproximado de 700 gramos. Morfoloxicamente machos e femias son iguais. Ó nadar cabecea ritmicamente a cabeza.
Habita en augas doces cunha vexetación de ribeira abondosa. Aliméntase de herba, insectos e brotes de plantas, que busca mergullándose ou ben na ribeira.
A galiñola negra constrúe niños flotantes entre abril e xullo. En Galicia é habitual que críe na espesura dos canavais e espadainais. A posta é de 5-10 ovos cun tempo de incubación de 23-24 días. Os polos comezan a voar ás 8 semanas de vida.
Ave común en toda Europa Occidental. No Leste só está presente na época de cría.
A galiñola negra, tamén chamada galiñola negra común ou galiñola de auga (Fulica atra), é unha ave de costumes acuáticos.