O cogombro[1] (Cucumis sativus), é unha planta anual e rubideira, cultivada polo seu froito, unha hortaliza parente do melón. É orixinario da India.
Planta anual, monoica, ou sexa que hai flores femininas e masculinas no mesmo individuo. O talo é deitado/rastreiro, ramificado, anguloso, hirsuto e con gabiáns. As follas, con pecíolo de 8–20 cm, é delgado e híspido con limbo de 12-18 por 11–12 cm, viloso-hispídulo nos nervios e piloso en ambas as dúas faces; o seu bordo é cordado-ovado, tri/penta palmatilobado, con lóbulos triangulares, dentados, acuminados ou agudos no ápice, o mediano de maior lonxitude e moi agudo. As flores masculinas, de 3 estames, son fasciculadas, con pedicelos de 0,5–2 cm, delgados, híspidos e o receptáculo, con tubo de 8–10 mm, son campanulado ou subcilíndrico, densamente viloso, e lóbulos de lonxitude subigual á do tubo, lineares, patentes, híspidos; a corola ten 2–3 cm de diámetro con 5 lóbulos oblongo-lanceolados, agudos. As flores femininas son solitarias ou fasciculadas, con pedicelo de até 2 cm, viloso; o periantio aseméllase ao das flores masculinas. O ovario, de placentación axial é de ordinario fusiforme, cuberto de pelos setiformes, dilatados na base. O froito (Pepónide), o cogombro, de talle moi variábel, é xeralmente oblongo, de cilíndrico a subtrígono, de cor verde e esparexidamente tuberculado cando inmaturo, despois amarelo averdado e liso. As sementes de 8-10 por 3–5 mm, son oblongas e abrancazadas[2]. Habitualmente dito froito apáñase aínda verde e se consome cru, ou elaborado coma conserva (xeralmente cogombros pequenos).
Ademais, os numerosos táxones infra-específicos descritos na literatura botánica son considerados, hoxe en día, meros sinónimos.[4]
A comezos do século XX (1901-02), só en América do Norte, catalogáranse case 400 diferentes cultivares de cogombros[5]
O cogombro (Cucumis sativus), é unha planta anual e rubideira, cultivada polo seu froito, unha hortaliza parente do melón. É orixinario da India.