A dos sirenios[1] (Sirenia) é unha orde de mamíferos afroterios, acuáticos, herbívoros, que conta con tan só con catro especies viventes. Os elefantes son os seus parentes máis achegados.
Xunto cos cetáceos e os pinnípedes, os sirenios son o terceiro grupo de mamíferos acuáticos. Como os membros do primeiro destes grupos, os sirenios son os únicos mamíferos adaptados completamente á vida na auga, pero, a diferenza deles, habitan sempre en augas costeiras, a miúdo pouco profundas (ou en augas doces), onde pastan. Superficialmente parecidos aos pinnípedes, non gardan, porén, parentesco evolutivo con eles, diferenciándose, entre outras cousas, polo tipo de alimentación (os pinnípedes son carnívoros, mentres que os sirenios son fitófagos, e porque os seus membros non lles permiten desprazarse por terra, polo que nunca abandonan a auga, nin sequera para parir.
Son animais grandes e pesados, e de movementos lentos. Viven en aguas tropicais, nas costas, en estuarios e incluso nos ríos. Son famosos pola súa docilidade, e por iso foron presas fáciles para a caza, para aproveitar a súa pel e a súa carne, o que os levou ao bordo da extinción. Actualmente son animais protexidos.
O nome dos sirenios vén do grego antigo Σειρήνες, Seirḗnes, que significa "sereas".[2] O nome ven do feito que supostamente se asemellan a sereas cando están aleitando as crías. Crese que os avistamentos de sirenios poderían explicar a orixe do mito das mulleres-peixe. Por algunha razón, a maioría das antigas civilizacións que estaban en contacto cos sirenios dábanlles nomes e epítetos femininos; en Exipto tiñan o nome de "fermosa doncela do mar"; en Kenya, "raíña do mar"; en Indonesia recibían o nome de "princesa dugongo" e na conca do Amazonas coñécense como "peixe-muller".[3]
O dugongo, único membro viventa da súa familia, recibe o seu nome da palabra tagala dugong, que é un préstamo do malaio duyung. Ambos os dous queren dicir "señora do mar".[4] Por outra banda manatí é unha palabra de orixe taíno que significa "peito", en referencia ás mamas que teñen as femias destes animais a carón das axilas.
Os sirenios, manatís e dugongos, teñen un corpo macizo, pero fusiforme. A pel é grosa e coriácea. As extremidades anteriores teñen forma de aleta, e as posteriores desapareceron e, para axudar na natación, desenvolveron unha cola (aleta caudal) plana e horizontal.
Poden permanecer baixo a auga durante vinte minutos, pastando plantas acuáticas, antes de emerxer á superficie para respiraren.
Viven en augas pouco profundas, o que os defende dos depredadores (como os tiburóns) que non se aventuran nestas augas. O seu único perigo represéntao o home, que antigamente cazaban estes animais pola súa carne, e tamén para aproveitar a graxa e a pel. Hoxe en día tamén están ameazados pola contaminación} do seu hábitat e polas feridas inflixidas polas hélices dos barcos.
O dugongo, a diferenza dos manatís, ten a cola falciforme, e vive nas augas costeiras do océano Índico e do Pacífico occidental, mentres que os manatís, que viven principalmente ao longo da costa leste de América Central e Sudamérica, teñen a cola arredondada, o labio superior fendido no medio e o corpo cuberto con pelos dispersos.
Xusto debaixo da pel os sirenios, como os cetáceos e s pinnípedes, teñen unha grosa capa subcutánea de tecido adiposo vascularizado que lles serve como illante. En efecto, a auga conduce a calor 25 veces mellor que o aire á mesma temperatura.[5] e, sobre todo, ten unha capacidade calorífica moito máis alta, o que favorece o arrefriamento dos animais de sangue quente.
Os elefantes son os parentes máis próximos dos sirenios, cos que comparten moitas características anatómicas.[6] [7]
A orde dos Sirenia foi creada en 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger,[8] en referencia ás sereas das mitoloxía grega e escandinava (porén, cómpre recordar que navegantes tales como Cristóbal Colón, pola contra, deron corpo á lenda das sereas das observacións dos manatís).
Ademais de polo nome que lle impuxo Illiger, a orde coñeceuse tamén polos sinónimos:[8]
Os sirenios teñen antepasados terrestres comúns cos proboscídeos e, de feito son o seu grupo irmán.[9] O taxon que inclúe estes dous grupos (e outros dous grupos extintos) é o clado dos tetiterios (Tethytheria), así chamados porque evolucionaron ao redor do mar de Tetis. O monofiletismo dos tetiterios ten o soporte dunha serie de características morfolóxicas, como a falta de glándulas sudoríparas, que xa faltaban nos antepasados semiacuáticos dos elefantes e sirenios máis primitivos.
Así, en 1997, McKenna e Bell propuxeron para este grupo, nunha clasificación cladística, o rango de infraorde na suborde dos Tethytheria McKenna, 1975 da orde dos Uranotheria McKenna et Bell, 1997.[8]
A orde dos Sirenia colocouse entón no clado dos Paenungulata que, segundo os datos xenéticos moleculares, queda clasificado dentro da superorde dos afroterios, agrupado con outras dúas ordes de mamíferos vivos: os Proboscidea (elefantes) e os Hyracoidea (damáns), e con outras dúas ordes extintas, a dos Embrithopoda e a dos Desmostylia.
Estas son as relacións dentro deste grupo de mamíferos:[10]
Paenungulata TethytheriaSirenia
Dentro do grupo dos sirenios distínguense dúas familias extintas e dúas con especies viventes, cun xénero actual cada unha e numerosos xéneros extintos:[11]
Familia Prorastomidae †
Familia Protosirenidae †
Familia Dugongidae
Familia Trichechidae
Só sobreviven catro especies en dúas familias:[8]
A dos sirenios (Sirenia) é unha orde de mamíferos afroterios, acuáticos, herbívoros, que conta con tan só con catro especies viventes. Os elefantes son os seus parentes máis achegados.
Xunto cos cetáceos e os pinnípedes, os sirenios son o terceiro grupo de mamíferos acuáticos. Como os membros do primeiro destes grupos, os sirenios son os únicos mamíferos adaptados completamente á vida na auga, pero, a diferenza deles, habitan sempre en augas costeiras, a miúdo pouco profundas (ou en augas doces), onde pastan. Superficialmente parecidos aos pinnípedes, non gardan, porén, parentesco evolutivo con eles, diferenciándose, entre outras cousas, polo tipo de alimentación (os pinnípedes son carnívoros, mentres que os sirenios son fitófagos, e porque os seus membros non lles permiten desprazarse por terra, polo que nunca abandonan a auga, nin sequera para parir.
Son animais grandes e pesados, e de movementos lentos. Viven en aguas tropicais, nas costas, en estuarios e incluso nos ríos. Son famosos pola súa docilidade, e por iso foron presas fáciles para a caza, para aproveitar a súa pel e a súa carne, o que os levou ao bordo da extinción. Actualmente son animais protexidos.