dcsimg
Image of Northern Tamandua
Creatures » » Animal » » Vertebrates » » Synapsids » » Cynodonts » Mammals »

"Anteaters, Armadillos, And Tree Sloths"

Xenarthra

Xenartros ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A dos xenartros[1] (Xenarthra) é unha superorde de mamíferos placentarios, presentes no día de hoxe unicamente en América.

A orixe da superorde remóntanse ao inicio do terciario, hai aproximadamente 60 millóns de anos, pouco despois do mesozoico, en continente suramericano. A presenza destes animais en América do Norte explícase polo grande intercambio americano que ocorreu ao final do terciario.[2]

A superorde dos xenartros comprende os osos formigueiros (familias dos Cyclopedidae e os Myrmecophagidae), os preguiceiros (familias dos Bradypodidae e os Megalonychidae) e os armadillos (familia dos Dasypodidae).

Controversia taxonómica

No século XIX as familias anteriormente mencionadas formaban, xunto cos pangolíns (familia dos Manidae) e o porco formigueiro (familia dos Orycteropodidae), a orde dos desdentados (que non é que non tiveran dentes, senón que non tiñan incisivos superiores nin molares, ou tiñan estes últimos moi pouco desenvolvidos).[3]

A homoxeneidade deste grupo suscitou un debate xa na segunda metade do século XIX e, en 1872, Thomas Huxley desprazou aos pangolíns e os oricteropos a unha orde separada. Pouco despois, en 1889, Edward Cope propuxo o termo Xenarthra para reagrupar os desdentados suramericanos.

Este clado foi confirmado por análises moleculares como polifilético e, en consecuencia, os desdentados foron divididos, para reflectir a súa verdadeira filoxenia, nas ordes dos Pilosa (pilosos), que engloba aos osos formigueiros e os preguiceiros, e o dos Cingulata (cingulados), que comprende os armadillos.[4][5]

Etimoloxía

O nome científico Xenarthra esta formado polos elementos do latín científico xen(o)-, calco do grego antigo ξενο-, derivado de ξένος ‎xénos, "estranxeiro", "estraño", e -arthra, forma plural neutra derivada do grego antigo ἄρθρον ‎árthron, "articulación".[6] Literalmente, "os de estrañas articulacións", aludindo ás súas articulacións intervertabrais, que son diferentes das dos outros mamíferos euterios.

Clasificación

A superode dos xenartros divídese, como quedou dito, en dúas ordes: a dos cingulados (Cingulata), que inclúe os armadillos, e a dos pilosos (Pilosa), que comprende aos vermilingües (Vermilingua) e os folívoros (Folivora).[7]

Ordes, familias, subfamilias e xéneros actuais

Superorde Xenarthra Cope, 1889, segundo o NCBI:[8]

Filoxenia

Segundo Tree of Life, as relacións filoxenéticas dos grupos actuais de xenartros son as seguintes:[9]

Xenarthra

Cingulata

Pilosa

Vermilingua

Folivora

Megalonychidae

   

Bradypodidae

       

Notas

  1. xenartro, 2ª acep., no Gran dicionario Cumio da lingua galega. Vigo, Edicións do Cumio, 2004. ISBN 84-8289-304-1.
  2. Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, p. 338.
  3. Xenarthra Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en The University of Georgia. Museum of Natural History.
  4. Delsuc, Frédéric; Catzteflis, François M.; Stanhope, Michael J. & Douzery, Emmanuel J. P. (2001): "The evolution of armadillos, anteaters and sloths depicted by nuclear and mitochondrial phylogenies: implications for the status of the enigmatic fossil Eurotamandua". Proc. R. Soc. Lond. B 268: 1476.
  5. Murphy, W. J.; Pringle, T. H.; Crider, T. A.; Springer, M. S. & Miller, W. (2007): "Using genomic data to unravel the root of the placental mammal phylogeny". Genome Research 17 (4): 413–421. Resumo.
  6. Etymology of the Latin word Xenarthra en MyEymology.
  7. Superorder Xenarthra en Texas A&M University-Kingsville. (en inglés)
  8. Xenarthra no NCBI.
  9. Tree of Life - Edentata

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Xenartros: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A dos xenartros (Xenarthra) é unha superorde de mamíferos placentarios, presentes no día de hoxe unicamente en América.

A orixe da superorde remóntanse ao inicio do terciario, hai aproximadamente 60 millóns de anos, pouco despois do mesozoico, en continente suramericano. A presenza destes animais en América do Norte explícase polo grande intercambio americano que ocorreu ao final do terciario.

A superorde dos xenartros comprende os osos formigueiros (familias dos Cyclopedidae e os Myrmecophagidae), os preguiceiros (familias dos Bradypodidae e os Megalonychidae) e os armadillos (familia dos Dasypodidae).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician