dcsimg

Lauraceae ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Ilustración do loureiro común (Laurus nobilis), arboriña común e autóctona de Galiza

Lauraceae, as lauráceas, é unha familia botánica co distribución tropical e subtropical, presentes nas forestas pluviais de Eurasia e as Américas, que inclúe máis de 2 500 especies agrupadas en 50 xéneros. A gran maioría son árbores e arbustos, agás as rubideiras parasitas do xénero Cassytha. Teñen un cheiro característico nas follas cando se esmagan, por mor da presenza de óleos esenciais.

A esta familia pertencen plantas tan importantes para o ser humano coma a caneleira, o alcanforeiro, ou o abacateiro. En Galiza só se atopa unha especie autóctona, o loureiro común (Laurus nobilis), común en todo o territorio, e formando bosquetes en cavorcos termófilos do sur do país, con condicións semellantes ás laurisilvas macaronésicas.

Descrición

Follas

Simples, xeralmente alternas, ou menos frecuentemente opostas ou verticiladas, coriáceas e aromáticas.

Flores

Bisexuadas (hermafroditas), monoicas ou dioicas, monoclamídeas, con cáliz infundibuliforme ou urceolado, averdado, amarelado ou avermellado, con 6 segmentos imbricados, desiguais ou iguais entre si, dispostos en 1-2 verticilos. Androceo polistémone, con ou sen estaminodios e dispostos en 3-4 verticilos, con anteras valvulares de 2-4 tecas. Ovario súpero, unilocular e uniovulado. Presentando inflorescencia paniculada.

Froito

Tipo baga ou drupa monospermática, normalmente con cáliz cupuliforme persistente. Semente sen endosperma e embrión desenvolvido.

Xéneros

Importancia económica

Malia seren as lauráceas importantes compoñentes forestais en moitas partes do mundo, relativamente só unhas poucas especies teñen importancia local. O principal produto da familia é o aguacate, o froito de Persea americana, que, alén de ser consumido cru, en ensaladas, ou doces, del tamén se extraen graxan, usadas principalmente en cosmética, que tamén se extraen do loureiro común (Laurus nobilis) (cuxas follas se usan en gastronomía coma adubo) e de Litsea sebifera.

Por séculos o principal produto económico da familia foi a canela, a casca da caneleira (Cinnamomum zeylanicum) e doutras especies de Cinnamomum —unha das famosas especias, que motivaron mesmo ás grandes expedicións marítimas para procuralas no Oriente. Outra especia desta familia é o alcanfor, substancia de cheiro penetrante característico, que se obtén da destilación da madeira do alcanforeiro (Cinnamomum camphora)[1].

Moitas outras especies aromáticas úsanse como condimentos, en escala local, como o pau cravo (Dicypellium caryophyllatum) que está ameazada de extinción no Brasil, pois non se cultiva; ou en perfumaría coma o pau rosa da Amazonia (Aniba rosaeodora).

A madeira das especies das Lauraceae é de excelente calidade, como a Mezilaurus itauba, coñecida no Brasil como itaúba, e a imbuia (Ocotea porosa).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Lauraceae: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Ilustración do loureiro común (Laurus nobilis), arboriña común e autóctona de Galiza