dcsimg

Lingua de boi ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A lingua de boi ou fígado de boi[1] (Fistulina hepatica), clasificado nos Agaricales, é un fungo propio do Reino Unido, tamén presente no resto de Europa e América do Norte. Posúe forma de carne crúa. Utilizouse como carne no pasado e aínda se pode encontrar en mercados. Ten un sabor amargo cun toque acedo. Para o seu consumo debe ser novo e ter unha cocción longa.

Detalles

A súa forma é similar á da dunha lingua grande de cor castaña encarnada. As esporas libéranse de poros diminutos na parte inferior de cor branca crema do corpo da froita. Unha Fistulina hepática nova é de cor rubia- rosácea, e vai escurecendo coa idade. A parte inferior do corpo do froito, do cal se expulsan as esporas, é unha masa de túbulos. O seu nome é un diminutivo que provén da palabra latina fístula, e significa “tubo pequeno”, mentres que o nome da especie hepática significa " como un fígado", en referencia á consistencia da súa carne. A especie é bastante común, e pódese encontrar habitualmente en soutos e carballeiras, desde agosto até finais de outono, sobre madeira viva ou morta. Tende a tinxir de castaño arroibado a madeira viva dos carballos sobre os que medra, o que lle dá unhas características á madeira moi apreciadas. En Australia, encóntranse nas feridas dos eucaliptos, que fai que as árbores se infecten e apodrezan.

Notas

  1. "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). p. 145. Consultado o 16 de decembro de 2018.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Lingua de boi: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A lingua de boi ou fígado de boi (Fistulina hepatica), clasificado nos Agaricales, é un fungo propio do Reino Unido, tamén presente no resto de Europa e América do Norte. Posúe forma de carne crúa. Utilizouse como carne no pasado e aínda se pode encontrar en mercados. Ten un sabor amargo cun toque acedo. Para o seu consumo debe ser novo e ter unha cocción longa.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician