dcsimg

Mesoplodon ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Mesoplodon é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos zifíidos que reúne quince especies, coñecidos como zifios, o que fai del o máis numeroso xénero de cetáceos.

Os científicos cren que aínda se van encontrar máis especies, pois os animais da familia dos zifíidos son moi pouco coñecidos.

Tampouco non se sabe o estado de conservación das especies coñecidas.

Taxonomía

Descrición

O xénero foi establecido en 1850 polo paleontólogo francés Paul Gervais,[1][2] en Ann. Sci. Nat. Zool. (París), ser. 3, 14: 16.[3]

Etimoloxía

O nome Mesoplodon, está composto de tres elementos do latín científico tirados do grego antigo:
mes-, de μέσος mésos, "medio", que está no medio";
-oplo-, de ὅπλον hóplon, "arma", e
-odon, de οδούς, οδόντος odoús, odóntos, "dente",[4]
e que podemos traducir como "armados con dentes no medio (da mandíbula)".

 src=
Esqueleto do zifio de True.

Sinonimia

Ademais de polo nome cuñado por Gervais, e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[1]

  • Aodon Lesson, 1828
  • Dioplodon Gervais, 1850
  • Dolichodon Gray, 1866
  • Micropteron Eschricht, 1849
  • Micropterus Wagner, 1846
  • Mikropteron Hershkovitz, 1961
  • Oulodon von Haast, 1876
  • Nodus Wagler, 1830
  • Paikea Oliver, 1922

Clasificación

A sistemática do xénero baséase na forma e disposición dos dentes dos machos adultos.[5]
Segundo o SIIT, e máis a EOL, comprende as seguintes 15 especies:[1][6]

Xénero Mesoplodon Gervais, 1850

Notas:
1. Os nomes vulgares galegos das especies arriba relacionadas son os propostos por Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario multilingüe (os escritos en letra grosa),[7] e por Díaz d'a Silva e Cartelle (os escritos en letra normal).[8]
2. Dado que a Real Academia Galega dá para o nome da familia o de zifíidos,[9] e aínda que non rexistra a entrada zifio, por lóxica estes nomes deben escribirse con z inicial.

En Galicia

Segundo Díaz d'a Silva e Caretelle, rexístranse en augas próximas a Galicia as especies Mesoplodon bidens, M. densirostris, M. europaeus e M. mirus, aínda que a súa presenza é accidental.[8]

Áreas de dispersión das especies citadas en Galicia

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Mesoplodon Gervais, 1850 no ITIS. Consultado o 22-08-2016.
  2. Mesoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 22-08-2016.
  3. Mesoplodon en MSW. Consultado o 22-08-2016.
  4. Mesoplodon no Merriam-Webster's Unabridged Dictionary.
  5. Maurizio Würtz e Nadia Repetto (2003): Dauphins et Baleines. Paris: Gründ. ISBN 978-2-7003-34257.
  6. Mesoplodon na EOL.
  7. Lahuerta e Vázquez (2000), pp. 313-314.
  8. 8,0 8,1 Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), pp. 124-127.
  9. zifíidos no dicionario da RAG.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7.
  • Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
  • Heyning, John E (2002): "Cuvier's Beaked Whale", en Jefferson, Thomas A. Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 305–307. [[San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-551340-2.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Mesoplodon: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Mesoplodon é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos zifíidos que reúne quince especies, coñecidos como zifios, o que fai del o máis numeroso xénero de cetáceos.

Os científicos cren que aínda se van encontrar máis especies, pois os animais da familia dos zifíidos son moi pouco coñecidos.

Tampouco non se sabe o estado de conservación das especies coñecidas.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician