A dos picnogónidos (Pycnogonida), é unha clase de artrópodos mariños do subfilo dos quelicerados. Todas as súas especies actuais reúnense nunha única orde, a dos pantópodos (Pantopoda), polo que moitas veces ambos os termos se usan como sinónimos.
Estes animais foron considerados durante moito tempo como arácnidos moi diferenciados, ou incluso como un grupo totalmente á parte dos quelicerados. Debido á súa forma, co seu corpo moi pequeno e as súas moi longas oito patas, adoitan denominarse vulgarmente como arañas de mar, seguindo o seu nome inglés, sea spiders.
Os picnogónidos son animais pouco visíbeis, xa que se mimetizan co seu contorno, que é o fondo mariño. As formas que viven no bentos costeiro son de tamaño xeralmente moi pequeno (desde uns poucos milímetros até 2,5 cm), pero as especies abisais adoitan seren grandes, chegando a medir até 50 cm entre os extremos das súas lomgas patas. As pequenas formas costeiras son moi comúns en todos os mares, pero raramente observadas polo seu mimetismo co ambiente, que facilitan tanto a súa anatomía como a súa coloración.
A súa forma é moi similar á das arañas, cun corpo moi pequeño con dúas rexións ou tagmas como mínimo, prosoma e opistosoma. Todos ols individuos teñen unha probóscide suctora con apertura ao final, sendo a súa musculatura apropiada para este labor de de succión. Na probóscide fabrican sedas para filtrar o alimento. As patas son longas e esveltas, pero ás v eces tan grosas como o delgado e breve corpo, o que confire ao animal un aspecto moi peculiar.
A cutícula é delgada e sen mineralizar, decorada con relevos e poboada de sedas (pequenos pelos erectos) de función principalmente sensorial (táctil), segundo é regra xeral nos artrópodos. Aparece perforada por un gran número de canais polos que se deitan ao exterior os produtos de diversas glándulas.
O prosoma presenta en primeiro lugar a probóscide ou trompa, en cuxo extremo anterior está situada a boca. A probóscide emprégana para succionar líquidos das súas presas. Ao final do céfalon aparecen, nun pequeno tubérculo, os seus catro ollos, diversamente desenvolvidos segundo as especies.
O prosoma leva ademais tres pares de apéndices: os quelíceros (ou quelíforos, de demostrarse que non son homólogos dos dos arácnidos), os palpos e os ovíxeros. Estes últimos están máis desenvolvidos nos machos, que os usan para portar primeiro os ovos e logo as crías; nas femias poden faltar por completo. Algúns artellos (pezas) dos ovíxeros poden levar espiñas que facilitan a súa función manipuladora.
Os segmentos do tronco levan grandes tubérculos laterais que poden confundirse coas coxas (primeiros segmentos) dos apéndices marchadores. A maioría dos picnogónidos presentan catro pares de apéndices marchadores, pero algúns teñen cinco ou seis, e esta diferenza carece de valor sistemático (pode darse en especies próximas). O predominio das "patas" xustifica o nome de "pantópodos" (animais que son todo patas).
O abdome parece un pequeno promontorio, sen divisións visíbeis nin apéndices.
A anatomía interna está moi condicionada pola arquitectura corporal, con órganos que, como o tubo dixestivo ou as gónadas, ramifícanse cara ao interior das patas.
Cada músculo está formado por unha soa gran célula muscular recuberta de tecido conxuntivo. Tamén presentan unha estrutura peculiar na organización das súas miofibrilas.
Os sexos está separados, cunha única excepción. Os machos practican un cortexo, tras o cal as femias liberan os óvulos, que son fecundados nal auga polos espermatozoides do macho. As femias reúnen os ovos cos seus propios ovíxgeros até que termina o proceso, momento en que o macho os toma un a un ou en bloque, para transportalos con el durante unha parte máis ou menos extensa do seu desenvolvemento.
O desenvolvemento das crías é normalmente indirecto (é dicir, con metamorfose), cunha larva chamada protoninfa (protonymphon), de vida libre e dotada de só tres pares de patas. Algunhas completan o seu desenvolvemento enquistándose dentro dol corpo dun coral. Nalgúns casos os ovos teñen o vitelo suficiente para que a larva se desnvolva por completo mentres que é portada polo seu pai.
Os picnogónidos son depredadores ou saprófagos (comedores de residuos) que usan a súa probóscide para picar a animais aos que chuchan os ssus sucos, moi ao estilo dos arácnidos. Aliméntanse sobre todo de animais bentónicos (do fondo) e sésiles (fixos ao substrato), como as anemones de mar.
Móvense polo fondo lentamente coa súas patas. Existen a todas as profundidades, con formas abisais, que viven atéos 6 000 m baixo o nivel do mar, e outras que habitan os fondos costeiros, incluída a zona intermareal.
O clase dos Pycnogonida foi descrita en 1810 polo entomólogo francés Pierre André Latreille, na súa obra Considérations sur l'ordre naturel des animaux composant les classes des crustacés, des arachnides, et des insectes, avec un tableau méthodique de leurs genres, disposés en familles.
En canto á súa única orde actual, Pantopoda, foi descrita en 1863 polo zoólogo e entomólogo alemán Carl Eduard Adolph Gerstäcker, en Handbuch der Zoologie, escrito con Wilhelm Peters e Julius Victor Carus), e publicado en Leipzig.
O termo do latín científico Pycnogonida cuñouno Gerstäcker sobre a base da raíz do xénero Pycnogonum engadín dolle a desinencia latina -ida, indicando plural e derivada do grego antigo εἴδος eídos 'aspecto', 'aparencia', 'forma'. O nome de xénero está formado polos elementos pyc- e -gonum, tirados do grego antigo πυκνός pyknós 'espeso', 'apertado', 'denso', e, segundo a maioría das fontes consultadas, γόνυ góny 'xeonllo', pero outras, que quizais estean máis acertadas, din que provén de γονή goné 'xeración', 'xerme', 'orixe', 'prole' (basta contemplar os xeonllos (?) e as masas de ovos destes animais).
A etimoloxía de Patopoda é moito máis clara: todos os etimoloxistas opinan que o termo está formado polos elementos pan-, do grego παν- pan-, amplamente usado xa desde a antigüidade clásica e derivado de πᾶς πᾶσα πᾶν pãs, pãsa, pãn 'todo' e -poda, do grego πούς ποδός poús, podós 'pé', 'perna', 'pata'. É dicir: 'animais que son todo pata'.
Tradicionalmente se clasificaron en oito ou nove familias, cuns 86 xéneros e unhas 1 000 especies. Na actualidade, de acordo co World Register of Marine Species, a súa clasificación, até o niven "familia" é:[2]
Clase Pycnogonida
Esta clasificación taxonómica substitúe á antiga versión na que os Pantopoda se subdividían nas familias seguintes:
Os fósiles máis antigos coñecidos datan do Devoniano, aínda que dada a súa posición sistemática, o grupo debe ser moit máis antigo.
A clase dos picnogónidos foi diversamente interpretada como grupo irmán do conxunto dos artrópodos verdadeiros, como o membro máis basal do subfilo dos quelicerados, e incluso como parte da clase dos arácnidos.
Un traballo recente (Maxmen & al., 2005) vén a corroborar a primera desas interpretacións baseándose no desenvolvmento embrionario dos centros nerviosos, unha fonte moi fiábel de información evolutiva.[6]
Tamén os traballos de filoxenia molecular favorecen esta interpretación. Porén, as clasificacións estándar baséanse na segunda destas interpretacións, tratándoos como unha clase separada dentro do subfilo dos quelicerados.
A dos picnogónidos (Pycnogonida), é unha clase de artrópodos mariños do subfilo dos quelicerados. Todas as súas especies actuais reúnense nunha única orde, a dos pantópodos (Pantopoda), polo que moitas veces ambos os termos se usan como sinónimos.
Estes animais foron considerados durante moito tempo como arácnidos moi diferenciados, ou incluso como un grupo totalmente á parte dos quelicerados. Debido á súa forma, co seu corpo moi pequeno e as súas moi longas oito patas, adoitan denominarse vulgarmente como arañas de mar, seguindo o seu nome inglés, sea spiders.