Rupicapra rupicapra, é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos,[2] unha das dúas que integran hoxe o xénero Rupicapra, que poderiamos denominar rebezo setentrional,[3] para non confundir coa outra especie, Rupicapra pyrenaica, o rebezo dos pireneos ou rebezo propiamente dito.
Esta especie introduciuse na República Checa, nos Vosgos, o Xura e a Selva Negra, así como na illa sur de Nova Zelandia e na Arxentina.
Algunhas das súas subespecies están estritamente protexidas na UE pola Directiva Europea de hábitats.[4]
Durante moito tempo a maioría dos autores clasificaron a todos os individuos do xénero Rupicapra na especie Rupicapra rupicapra, pero algúns consideraban, desde hai moitos anos, aos integrantes das subespecies das montañas do sur de Europa, como os Pireneos, a cordilleira Cantábrica e os Apeninos, como unha especie á parte, Rupicapra pyrenaica, o que a día de hoxe está xa aceptado pola comunidade científica internacional.[5]
Aparencia similar á dunha cabra, con manchas cololreadas de gran contraste na cabeza; o pescozo é relativamente longo, sen barbas, pero cunha longa crina no colo e no lombo. Os cornos, presentes en ambos os sexos, son finos, dirixidos primeiro cara a arriba e despois curvados cara a atrás, algo más curvados nos machos cá nas femias.[6][7]
É moi semellante a Rupricapra pyrenaica, pero máis pesado. A súa lonxitude é de entre os 110 e os 130 cm (aos que hai que engadir de 3 a 4 cm da cola); a altura na cruz é de 70 a 80 cm, e o peso de 30 a 50 kg (noa machos) e de 25 a 42 kg (nas femias).[6][7]
En verán, a capa é de cor amarela pálida ou parda amarelada clara, cunha franxa ondulada máis escura. No inverno é de cor parda escura, co debuxo ben visíbel. As partes ventrais sempre son algo máis claras có resto da pelaxe.[6][7]
Orixinariamente moi restrixido aos bosques, especialmente en montañas de ladeiras moi pendentes e rochosas; bosques caducifolios ou de coníferas, e bosques mixtos. Porén, frecuenta tamén terreos rochosos por riba do límite dos bosques (especialmente polo verán.[6][7]
Vive nas cadeas montañosas da Europa central e meridional, Cáucaso e Asia Menor. Foi introducido nos Vosgos, o Xura e a Selva Negra, así como en Nova Zelandia,[7] na República Checa e na Arxentina.[1]
É sobre todo un animal diúrno, raramente activo durante a noite. Descansa no mediodía, especialmente nos días caloros do verán. Forma pequenos rabaños compostos polas femias, as súas crías e individuos xuvenía de ambos os sexos, guiados por unha femia vella. En outono e onverno os grupos son máis numerosos (incluso chegan a estaren formados por máis de cen individuos). Os machos son solitarios, especialmente no verán, ou viven reunidos en pequenos grupos; reúnense coas femias na época de celo.[6][7]
Moi áxiles, marchan con paso regular, ao galope, raramente ao trote; saltan e gabean moi ben polas rochas. nadan, aínda que so o fan cando é necesario. Teñen un bo sentido da vista. Cando sinten algún perigo emiten unha especie de asubío o dos machos, máis rouco); tamén producen un bear tremoroso, semellante ao das cabras domésticas, especialmente os xuvenís, e as femias chamando ás súas crías. Na época de celo os mechos tamén emiten un son rouco e gutural.[6][7]
Aliméntanse de gramíneas, outras plantas herbáceas, follas, gromos, musgos, liques, cascas de árbores e arbustos e arumes de coníferas.[7]
O apareamento prodúcese desde outubro até decembro. A xestación dura uns 6 meses. Os partos ocorren entre maio e xuño. As femias paren xeralmente unha soa cría, que xa pode seguir á nai pouco despois de nacer. A cría é aleitada durante seis meses, pasados os cales independízase. Alcanzan a madurez sexual aos tres anos. A súa esperanza de vida é de 15 a 20 anos.[7]
Os principais depredadores desta especie son o lince e o lobo; para os animias novos e débiles tamén a aguia real, o quebraosos, o corvo carnazal, o oso pardo e o raposo común. Así mesmo, sofre a caza por parte do home.[7]
A especie foi descrita en 1758 polo naturalista sueco Linneo, na 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Capra rupicapra.[2] Posteriormente, despois de que en 1816 o naturalista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville creara o xénero Rupicapra, foi reclasificada neste xénero.
Véxase a etimpoloxía e Rupicapra
Segundo o Mammal Species of the World, na especie Rupricapra rupicapra recoñécense na acualidade as subespecies seguintes:[2]
Rupicapra rupicapra (Linnaeus, 1748)
Porén, algúns autores consideran algunha máis: dúas, no NCBI e máis na EOL:[9][10]
Rupicapra rupicapra, é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos, unha das dúas que integran hoxe o xénero Rupicapra, que poderiamos denominar rebezo setentrional, para non confundir coa outra especie, Rupicapra pyrenaica, o rebezo dos pireneos ou rebezo propiamente dito.
Esta especie introduciuse na República Checa, nos Vosgos, o Xura e a Selva Negra, así como na illa sur de Nova Zelandia e na Arxentina.
Algunhas das súas subespecies están estritamente protexidas na UE pola Directiva Europea de hábitats.
Durante moito tempo a maioría dos autores clasificaron a todos os individuos do xénero Rupicapra na especie Rupicapra rupicapra, pero algúns consideraban, desde hai moitos anos, aos integrantes das subespecies das montañas do sur de Europa, como os Pireneos, a cordilleira Cantábrica e os Apeninos, como unha especie á parte, Rupicapra pyrenaica, o que a día de hoxe está xa aceptado pola comunidade científica internacional.