O sorgo[1] é o nome común de calquera planta do xénero Sorghum spp. Un xénero dunhas 20 especies de gramíneas[2] orixinarias das rexións tropicais e subtropicais de África oriental. Ten a súa orixe en África do leste e procede das variedades salvaxes en Etiopía hai 5.000 anos. Cultívanse na súa zona de orixe, Europa, América e Asia como cereal para consumo humano, animal, na produción de forraxes, e para a elaboración de bebidas alcólicas e vasoiras. A súa resistencia á seca e á calor faino un cultivo importante en rexións áridas, e é un dos cultivos alimentarios máis importantes do mundo.
É a quinta colleita de cereal no mundo, canto á súa produción (470.000 km², colleitado en 1996). O produtor máis grande é Estados Unidos.
O sorgo coñécese con varios nomes: millo grande e millo de Guinea en África occidental, kafir en África austral, duro no Sudán, mtama en África oriental, iowar na India e kaoliang na China (Purseglove, 1972).
As moitas subespecies divídense en catro grupos: sorgos do gran, sorgos da herba (para o pasto e o feo), sorgos doces (xaropes do sorgo), e millo tipo vasoira (para as vasoiras e os cepillos).
Ao se tratar dun alimento carente de glute, representa unha opción nutritiva para as persoas celíacas. Posúe propiedades antidiarreicas, ou adstrinxentes, e homeostáticas.
O sorgo común (Sorghum vulgare ou Sorghum bicolor) é a especie máis estendida, cuxas sementes se utilizan para facer fariña e a planta como forraxe.
A verba galega sorgo é tomada do italiano e este do latín moderno sorghum, que moi probabelmente provén do latín vulgar syricum; é dicir, proveniente de Siria. Rexión onde os romanos seica coñeceron esta graminea. O nome xenérico Sorghum imposto por Moench foi conservado oficialmente desde 1794 , de xeito que Sorgum L. non é válido.[3][4]
O xénero Sorghum caracterízase por pequenas espigas que nacen a pares. O sorgo cultívase como planta anual, aínda que é herba perenne e nos trópicos pode colleitarse varias veces no ano.
O sorgo ten unha altura de 1 a 2 m. Ten inflorescencias tipo mazaroca e sementes de 3 mm, esféricas e oblongas, de cor negra, avermellada e amarelenta. Ten un sistema radicular que pode chegar en terreos permeábeis a 2 m de profundidade. As flores teñen estames e pistilos.
O valor enerxético do gran de sorgo é un pouco inferior ao do millo. Pódese estimar como media 1,08 UF/kg. Comparándoo co gran de millo, o do sorgo é xeralmente un pouco máis rico en proteínas, porén máis pobre en materia graxa; como as do millo, son dun valor biolóxico bastante feble; son particularmente deficitarias en lisina.
Os datos da FAO sobre os maiores produtores de sorgo refírense ao conxunto das especies, aínda que se presupón que a meirande parte corresponde á especie Sorghum bicolor.
O xénero foi descrito por Conrad Moench e publicado en Methodus Plantas Horti Botanici et Agri Marburgensis : a staminum situ describendi 207. 1794.[6] A especie tipo é: Sorghum bicolor (L.) Moench.
Ten un número de cromosomas de: x = 5. 2n = 10, 20, e 40 (e aneuploides - 26, 33, 38–39 etc.). Cromosomas ‘pequenos’.
O sorgo é o nome común de calquera planta do xénero Sorghum spp. Un xénero dunhas 20 especies de gramíneas orixinarias das rexións tropicais e subtropicais de África oriental. Ten a súa orixe en África do leste e procede das variedades salvaxes en Etiopía hai 5.000 anos. Cultívanse na súa zona de orixe, Europa, América e Asia como cereal para consumo humano, animal, na produción de forraxes, e para a elaboración de bebidas alcólicas e vasoiras. A súa resistencia á seca e á calor faino un cultivo importante en rexións áridas, e é un dos cultivos alimentarios máis importantes do mundo.