Os actinopterixios (Actinopterygii) son unha clase de peixes óseos (Osteichthyes).
Constitúen o grupo dominante entre os vertebrados, con máis de 27 000 especies actuais que desenvolveron estratexias adaptativas que lles permitiron colonizar toda clase de ambientes acuáticos, tanto mariños como dulciacuícolas.
Os peixes máis coñecidos pertencen a este grupo: troitas, salmóns, sardiñas, percas, arenques, atúns, linguados, carpas, anguías etc.
O termo Actinopterygii está formado polos elementos do latín científico aktino- que deriva do grego ακτίνος aktínοs, "raio" e -pterygii xenitivo plural derivado de πτερύγιον pterýgion, "aleta"; é dicir, literalmente "os de aletas con raios".
A característica principal dos actinopterixios é a presenza dun esqueleto de espiñas óseas nas aletas (o termo Actinopterygii significa "os de aletas radiadas"). Teñen o cranio parcialmente calcificado e recuberto por ósos dérmicos, e un só par de aberturas branquiais protexidas por un opérculo.
Posúen escamas ganoides (carácter autapomórfico, é dicir, exclusivo do grupo). Nos peixes modernos a escama ganoide redúcese (leptoidea) e preséntanse dous tipos distintos: cicloides e ctenoideas, nas que só hai tecido óseo laminar (sen a ganoína e o tecido óseo esponxoso das escamas ganoides).
A clasificación taxonómica dun grupo con tantas e tan diversas especies é complexa e está suxeita a controversias, comezando pola súa integración nos osteíctios, xunto aos sarcopterixios, tendo presente que a clase Osteichthyes se considera actualmente un grupo parafilético. O World Register of Marine Species considera sinónimos Actinopterygii e Osteichthyes.[1]
Na maioría das clasificacións taxonómicas recoñécense tres subdivisións da clase Actinopterygii: Chondrostei, Holostei e Teleostei. Actualmente reagrupáronse en dúas, pois os holósteos constitúen un grupo parafilético, polo que tende a ser abandonado nos sistemas taxonómicos modernos baesados na cladística, que só admite grupos monofiléticos.
Polo tanto na actualidade admítense dúas subclases dentro dos actinopterixios:
A continuación inclúse unha listaxe dos grupos até o nivel de ordes, tabulados da forma que aparenta coincidir coa secuencia evolutiva até o nivel de superorde. A lista está recompilada de FishBase[2] con anotacións nas diverxencias respecto a Fishes of the World [3] e ITIS.[4]
Infraclase Holostei
Infraclase Teleostei