dcsimg

Rinoceronte negro ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O rinoceronte negro (Diceros bicornis) é unha especie de rinocerontes, nativo do leste e centro de África, incluíndo Kenya, Tanzania, Camerún, Suráfrica, Namibia, Cimbabue e Angola. Malia que este rinoceronte é chamado negro, a súa cor varía do marrón ó gris.

A outra especie africana de rinoceronte é o rinoceronte branco (Ceratotherium simum). A denominación "negro" do Diceros bicornis débese á súa oposición co rinoceronte branco, do cal se diferenza na forma do beizo superior, que é en punta e estreito no rinoceronte negro, e cadrado no branco.[2] A orixe do nome "rinoceronte branco" é unha mala tradución dende o neerlandés ó inglés. A palabra inglesa "white" (branco) deriva da palabra neerlandesa "wijd", que significa "ancho" ou "grande". A palabra "wide" alude precisamente á forma do beizo deste animal

A especie está clasificada como en Perigo crítico, e unha das subespecies, o rinoceronte negro do oeste, foi declarada extinta pola IUCN en 2011.

Notas

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Rinoceronte negro: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O rinoceronte negro (Diceros bicornis) é unha especie de rinocerontes, nativo do leste e centro de África, incluíndo Kenya, Tanzania, Camerún, Suráfrica, Namibia, Cimbabue e Angola. Malia que este rinoceronte é chamado negro, a súa cor varía do marrón ó gris.

A outra especie africana de rinoceronte é o rinoceronte branco (Ceratotherium simum). A denominación "negro" do Diceros bicornis débese á súa oposición co rinoceronte branco, do cal se diferenza na forma do beizo superior, que é en punta e estreito no rinoceronte negro, e cadrado no branco. A orixe do nome "rinoceronte branco" é unha mala tradución dende o neerlandés ó inglés. A palabra inglesa "white" (branco) deriva da palabra neerlandesa "wijd", que significa "ancho" ou "grande". A palabra "wide" alude precisamente á forma do beizo deste animal