Os nematodos (Nematoda, do grego νεμα nema, "fío", e o elemento do latín científico -oda, plural de -odus, adaptación dos gregos -ειδής eidēs ou -οιδος oidos, "con aspecto de"), tamén coñecidos como nematelmintos (Nemathelminthes) e polo nome popular de vermes cilíndricos, son un filo de animais invertebrados triploblásticos pseudocelomadoss que comprende máis de 25.000 especies rexistradas, o que o fai o cuarto do reino animal polo que se refire ao número de especies, e un número estimado moito maior, talvez 500.000.[1][2]
O seu nome alude a que son vermes moi alongados e de corpo estreito de sección circular e rematados en puntas. Son organismos esencialmente acuáticos, aínda que proliferan tamén en ambientes terrestres. Distínguense doutros vermes por seren pseudocelomados, a diferenza dos anélidos, que son celomados ao igual que os animais superiores.
Existen especies de vida libre, mariñas, no solo, e especies parasitas de plantas e animais, incluído o hombe, ao que provocan enfermidades como a ascaridíase, triquinose, a filaríase, a anisaquíase, a anquilostomíase, a oxiuríase, a estronxiloidíase, a toxocaríase etc. Porén, o número de especies que parasitan directamente ao ser humano e as que parasitan plantas (nematodos fitoparasitos) son un grupo moi pequeno en comparación co número de especies do filo Nematoda.
O filo dos nematodos comprende especies tanto de vida libre (monoxenos, metabolicamente independentes dun hospedeiro) como parasitos (metabolicamente dependentes dun hospedeiro para continuar o seu ciclo vital). Son dioicos, é dicir, os dous sexos están en organismos separados. Existe unha gran diversidade de especies, que varían de tamaño desde uns poucos milímetros (como o Strongyloides stercoralis) até máis dun metro de lonxitude (Dracunculus medinensis por exemplo), e incluso máis (a femia da especie Placentonema gigantisima chega a alcanzar os 8 m e 2,5 cm de diámetro, sendo o nematodo máis grande coñecido; parasita a placenta dos cachalotes e ten 32 ovarios que producen unha enorme cantidade de ovos.[3]
Os nematodos son vermes cilíndricos, teñen o corpo alongado e non segmentado, con simetría bilateral. Con frecuencia, o macho ten un extremo posterior curvado ou helicoidal con espículas copulatorias e, nalgunhas especies, unha bolsa caudal denominada bursa (bolsa en latín). O extremo anterior do adulto pode ter pequenos ganchos orais, dentes ou placas na cápsula bucal, que serven para a unión a tecidos, e pequenas proxeccións da superficie corporal coñecidas como serdas ou papilas, que se cre que son de natureza sensitiva. Denomínanse anfidios, fasmidios ou deiridios segundo a porción do corpo onde se localicen.
Esquema da anatomía interna dun nematodoA superficie exterior do verme adulto é moi resistente e se denomina cutícula, de composición escleroproteica, normalmente lisa, aínda que existen algunhas especies que presentan estriacións ou rugosidades cuticulares. Baixo a cutícula encóntranse varias capas musculares e un espazo composto de líquido que funciona como un esqueleto hidrostático chamado pseudocele que favorece a distribución de nutrientes e a recolección de produtos da excreción e no cal tamén se encontran as gónadas. Todos os órganos "flotan" dentro deste líquido. Os sistemas de órganos internos consisten nun complexo cordón nervioso (ganglios conectados ao redor do esófago) e un aparello dixestivo ben desenvolvido, con cápsula bucal (onde se encontran os xa mencionados ganchos, dentes, placas ou papilas), esófago, intestino e ano. Non teñen aparello circulatorio, de maneira que para mover o líquido interno deben mover o corpo para facer presión hidrostática.
A curva de crecemento dos nematodos é logarítmica. A súa lonxevidade é variábel, desde 1 mes até máis de 10 anos. Algunhas especies presentan mecanismos de resistencia a condicións adversas. Recorren a un tipo de inhibición larvaria coñecido como hipobiose. A anhidrobiose, por exemplo en Ditylenchus dipsaci (nematodo do allo), lle permite sobrevivir durante anos en condicións de sequidade.
Os nematodos carecen de órganos respiratorios diferenciados. Os adultos que viven como parasitos intestinais son principalmente anaerobios, neles falta o ciclo de Krebs e o sistema de citocromos, pero todos poden utilizar o oxíxeno se está dispoñíbel. Algúns nematodos de vida libre e os estados libres dalgúns parasitos, son aerobios obrigados, e polo tanto posúen ciclo de Krebs e citocromos.[Cómpre referencia]
A reprodución é variábel. Reprodúcense tanto por partenoxénese como por reprodución sexual. Os sexos están case sempre separados; en xeral os machos son máis pequenos do que as femias. Os órganos reprodutores son moi grandes e complexos en proporción ai tamaño do corpo. Nos machos están formados por testículos, vasos deferentes, vesícula seminal e conduto exaculatorio. Presentan unhas espículas como órganos copulatorios, ás veces cunha bursa ou bolsa que lles axudan na copulación, ademais de órganos accesorios como o gobernáculo. Os órganos reprodutores das femiaa constan de ovarios, ovidutos, receptáculo seminal, útero e vaxina. A femia pode producir desde varios centos até millóns de ovos. Polo xeral, a fecundidade é proporcional á complexidad do ciclo de vida do parasito.
A reprodución é normalmente sempre sexual e a fecundación interna. Porén existen algúns poucos nematodos terrestres que son hermafroditas ou partenoxenéticos. Hai casos en que se descoñecen os machos. As especies hermafroditas son proterándricas, é dicir, os órganos masculinos (e os espermatozoides) desenvólvense antes que os órganos femininos (e os óvulos). Nelas existe un ovotestículo e en xeral se autofecundan. Os espermatozoides desenvólvense primeiro e son almacenados nas vesículas seminais. A autofecundación ocorre despois da formación e maduración dos óvulos. Periodicamente xorde un pequeno número de machos que fecundan cruzadamente aos hermafroditas.
Nos nematodos pódense encontrar dous tipos de ciclo de vida:
A boca cos seus labios e o posterior tubo bucal revestido de cutícula (estomodeo), son moi variábeis e dependen da alimentación que teña cada especie. Poden posuír dentes, estiletes, placas mandibulares etc. A farinxe, situada por detrás do tubo bucal, é tubular, co espazo interior de sección triangular, e moi muscularizada.
A faringe mantense pechada debido á elevada presión do líquido pseudocelomático do seu redor. Para abrila e permitir o paso do alimento actúan os músculos da farinxe, dispostos radialmente a ela, xerando ondas de contracción que permiten a súa abertura en toda a súa lonxitude. Ao relaxárense, a farinxe volve a pecharse. Algunhas especies, ademais dos músculos radiais, tamén teñen esfínteres farínxeos, moi variábeis en número e disposición segundo os hábitos alimenticios.
Despois da farinxe se encontra o intestino, comunicado por un esfínter faringointestinal. Tamén existe un esfínter entre o intestino e o recto (intestinorectal) que desemboca nun ano, simple nas femias e con cloaca nos machos. O alimento pasa polo intestino mediante o empuxe dos que chegan pola farinxe. O recto está recuberto de cutícula, polo que forma un proctodeo.
As diferentes especies de nematodos evolucionaron en diversas adaptacións alimenticias. No caso das especies zooparasitas (parasitos de animais) temos:
As especies fitoparasitas (parasitas de plantas) posúen un órgano denominado estilete co cal fan puncións, alimentándose frecuentemente dos tecidos da raíz, particularmente dos vasos condutores, aínda que algúns poden alimentarse doutros tecidos da planta.
Os nematodos depredadores doutros nematodos posúen unha boca ou cavidade denominada "estoma", que lles permite asir firmemente á súa presa e succionarlle o líquido interno.
O grupo dos vermes cilíndricos foi definido por Karl Rudolphi en 1808,[4], baixo o nome de Nematoidea, do grego νῆμα, νῆματος nêma, nêmatos, "fío" e -eiδος -eidos " aspecto", "aparencia", que despois foi reclasificado como Nematodes por Burmeister, en 1837,[4] e máis tarde como clase Nematoda por K. M. Diesing, en 1861.[4] dentro do filo dos asquelmintos (Aschelminthes).
Aschelminthes incluía —ademais de Nematoda— a Rotifera, Priapulida, Gastrotricha, Kinorhyncha e Nematomorpha, e incluso para algúns a Entoprocta. Varios destes grupos xa non se consideran relacionados entre si e foron promovidos a filo.
Orixinalmente, o taxon Nematoidea aplicábase ao conxunto dos vermes cilíndricos, incluídos os gordiáceos (Nematomorpha). E cos acantocéfalos (Acanthocephala), trematodos (Trematoda) e cestodos (Cestoda) formaban o grupo dos entozoos Entozoa.[5].
A primeira diferenciación entre vermes cilíndricos e vermes gordiáceos, aínda que incorrecta, débese a von Siebold (1843), coas ordes Nematoidea e Gordiacei (Gordiacea). Estes foron clasificados, xunto cos acantocéfalos, por Gegenbaur, en 1859, no novo filo, hoxe obsoleto, dos Nemathelminthes.
Despois, o taxon Nematoidea foi promovido ao rango de filo por Ray Lankester en 1877, incluíndo a familia dos Gordiidae (gordiáceos). En 1919, o nematólogo Nathan Cobb propuxo que os vermes cilíndricos constituían un filo por si mesmos. Sostivo, igualmente, que deberían denominarse Nema mellor que nematode,[6] e definiu o taxon Nemates (plural latino de Nema). Este nematólogo, que describiu mil especies de nematodos, clasificounos en 1919 como o filo Nemata; logo consideráronse unha clase, Nematoda. Para o ITIS (Integrated Taxonomic Information System) o taxon Nematoda non é válido. Cobb fora o primeiro en definir un grupo exclusivamente constituído polos vermres cilíndricos, e o taxon válido debería ser Nemates Cobb 1919 ou Nemata Cobb 1919.
Estudos recentes indican que os nematodos si estarían relacionados cos artrópodos e os priapúlidos formando o superfilo Ecdysozoa (os animais que mudan, é dicir, que experimentan a écdise).
Os nematodos subdividíronse de modo tradicional, usando criterios morfolóxicos para a súa separación e para a definición das subclases e ordes do seguinte xeito:.[7]
Clase Adenophorea
Clase Secernentea
Os recentes estudos baseados en análises dos xenes que codifican o ARN da subunidade pequena dos ribosomas, dan resultados moi diferentes:[7]
Clase Enoplea
Clase Chromadorea
O seguinte cladograma está baseado en Tree of Life[8] e mostra as relacións entre as diferentes ordes de nematodos:
=== Triplonchida ======| | === Dorylaimida | ===|======== Trichocephalida | | | |======== Mermithida ===| | | | ========= Mononchida | | ==Adenophorea=| ============ Enoplida | | | | ============ Monhysterida | ===| | ============ Chromadorida | ==| ========= Rhigonematida | ======| | | ========= Oxyurida | | | | ========= Ascaridida | |=====| ==Secernentea=| ========= Spirurida | |============== Strongylida | | ========= Rhabditida | | ======| === Tylenchida | ===| ===| === Aphelenchida | ====== Diplogasterida
Os nematodos parasitos de plantas ou fitoparásitos poden clasificarse segundo o tipo de parasitismo que exercen sobre os seus hóspedes. Así temos:
En numerosos xéneros descoñécese o tipo de parasitismo, como por exemplo en Ditylenchus, Criconemella (Mesocriconema), Helicotylechus, Longidorus, Paratrichodorus Belonolaimus e Radopholus.
Todas as especies fitoparasitas de nematodos posúen estilete, o que axuda a diferencialas das especies que poden resultar beneficiosas. Existen, porén, especies que posúen estilete e non son fitoparasitas, como no caso do xénero Tylenchus, o cal é funxívoro.
Inclúense neste grupo aqueles nematodos que non son fitoparasitos, nin zooparasitos que afecten ao humano ou ós animais domésticos. Quizais son o grupo maioritario dentro do phylum Nematoda. Encóntranse representados nematodos saprófagos, funxívoros, bacteriófagos, depredadores, entomopatóxenos, etc; abarcando ambientes acuáticos e terrestres.
Este grupo de nematodos caracterízase por posuír bacterias no esófago que pode transmitir a insectos, causándolles a morte; por exemplo os xéneros Steinernema e Heterorhabditis. As bacterias involucradas que se identificaron son dos xéneros Xenorhabdus e Photorhabdus. Este tipo de nematodos teñen importancia desde o punto de vista do control biolóxico.
O nematodo Caenorhabditis elegans foi o primeiro organismo de cuxo xenoma se obtivo un mapa completo, mesmo antes de completarse o proxecto Xenoma Humano.
Os nematodos (Nematoda, do grego νεμα nema, "fío", e o elemento do latín científico -oda, plural de -odus, adaptación dos gregos -ειδής eidēs ou -οιδος oidos, "con aspecto de"), tamén coñecidos como nematelmintos (Nemathelminthes) e polo nome popular de vermes cilíndricos, son un filo de animais invertebrados triploblásticos pseudocelomadoss que comprende máis de 25.000 especies rexistradas, o que o fai o cuarto do reino animal polo que se refire ao número de especies, e un número estimado moito maior, talvez 500.000.
O seu nome alude a que son vermes moi alongados e de corpo estreito de sección circular e rematados en puntas. Son organismos esencialmente acuáticos, aínda que proliferan tamén en ambientes terrestres. Distínguense doutros vermes por seren pseudocelomados, a diferenza dos anélidos, que son celomados ao igual que os animais superiores.
Existen especies de vida libre, mariñas, no solo, e especies parasitas de plantas e animais, incluído o hombe, ao que provocan enfermidades como a ascaridíase, triquinose, a filaríase, a anisaquíase, a anquilostomíase, a oxiuríase, a estronxiloidíase, a toxocaríase etc. Porén, o número de especies que parasitan directamente ao ser humano e as que parasitan plantas (nematodos fitoparasitos) son un grupo moi pequeno en comparación co número de especies do filo Nematoda.