dcsimg

Abesouro ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Abesouro coa corbícula chea de pole.

Os abesouros ou abellóns[1] son insectos himenópteros que pertencen ao xénero Bombus da familia Apidae. Teñen un aspecto peludo e unha cor semellante á das abellas para alertar ao depredadores da súa perigosidade. Os abesouros teñen tamén ferrón mais non o acostuman utilizar. Son insectos sociais, mais as súas colonias non adoitan ser numerosas, moito menos ca as das abellas (arredor de 50 individuos) e aínda que fan mel, non a acumulan en tanta cantidade, xa que só a femia, que será a fundadora dunha nova colonia pola primavera, chega a pasar o inverno. Son moi bos polinizadores de toda clase de plantas bravas e cultivadas. Deste xeito utilízanse, por exemplo, para polinizar tomates nos invernadoiros. Poden voar con temperaturas máis baixas cás abellas e incluso a poallar, xa que teñen un mecanismo especial de control de temperatura do corpo. Moitas especies de Bombus están en perigo de desaparecer e con elas, as plantas que polinizan.

Especies

 src=
Abesouro a recoller pole dun mirasol.
 src=
Raíña de abesouro de xardín.

Notas

  1. Téñase en conta que tamén se lles chama abellóns aos machos da abella e aos abázcaros (Vespa crabro).

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Abesouro: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Abesouro coa corbícula chea de pole.

Os abesouros ou abellóns son insectos himenópteros que pertencen ao xénero Bombus da familia Apidae. Teñen un aspecto peludo e unha cor semellante á das abellas para alertar ao depredadores da súa perigosidade. Os abesouros teñen tamén ferrón mais non o acostuman utilizar. Son insectos sociais, mais as súas colonias non adoitan ser numerosas, moito menos ca as das abellas (arredor de 50 individuos) e aínda que fan mel, non a acumulan en tanta cantidade, xa que só a femia, que será a fundadora dunha nova colonia pola primavera, chega a pasar o inverno. Son moi bos polinizadores de toda clase de plantas bravas e cultivadas. Deste xeito utilízanse, por exemplo, para polinizar tomates nos invernadoiros. Poden voar con temperaturas máis baixas cás abellas e incluso a poallar, xa que teñen un mecanismo especial de control de temperatura do corpo. Moitas especies de Bombus están en perigo de desaparecer e con elas, as plantas que polinizan.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician